María Varela / A lume maino
María Varela / A lume maino
Un avión. EFE

Un voo en novembro

DESDE A VENTÁ dun avión nun abrente do novembro galego descúbrese un inmenso mar de nubes. Emerxen entre os cúmulos os lombos duns xigantes, como enormes criaturas lendarias que pacen entre a quietude da néboa. Co amencer a 4.000, 6.000, 10.000 metros de altura, un ve abrirse ante os seus ollos, literalmente, todo o día. E unhas horas suspendidas no ar dan para escudriñar...
La selección española de fútbol, durante el entrenamiento hace unos días. CABALAR (EFE)

O fútbol segue sendo así

Ben porque o meu pai me contaxiara a súa paixón polo fútbol, ben porque en verdade me encantaba correr tralo balón, houbo un tempo no que quixen ser futbolista. Unha das imaxes dos veráns daqueles anos devólveme ás praias da Mariña luguesa, tan xenerosas que coa marea baixa descubrían enormes campos de area mollada e firme, ideais para botar unha ‘pachanga’ entre amigos....

Un pouco de luz

Todos o sabiamos, pero ninguén falaba do asunto cando nos cruzabamos con el polas escaleiras do instituto. Camiñaba coa cabeza baixa e protexíase baixo un 'flequillo' rebelde das olladas que lle cravabamos os que escoitaramos por vez primeira aquela palabra. Corría o rumor de que o seu irmán decidira terminar coa súa vida. Especulouse co xeito en que o fixera....
Acto da campaña Dálle a volta de Amencer no que participaron usuarios da asociación e os seus coidadores. GONZALO GARCÍA

Os que coidan

OS ÚLTIMOS días da inocencia sobreviviu entre as paredes dun hospital. Daquela foron os ceos grises e unha cadeira dura como a pedra con dous parafusos inoportunos sobre os que sostiña noites enteiras pegada a unha cama. O cóbado sobre o colchón, a man suxeitando a cabeza, e o maxín dando voltas entre soños de mocidade e esas películas de final feliz nas que quen fica...
Manifestación contra o cambio climático. EFE

Polo clima

ALGÚNS MEDIODÍAS, tralo xantar, acubillámonos no sofá cun libro entre as mans, metemos o nariz entre árbores e tobeiras e descubrimos algunhas das marabillas que nos arrodean. A el encántalle mergullarse nas páxinas, saltar dunha a outra contemplando as cores e lendo sobre os 'poderes' dos distintos bechos, e a min fascíname asistir en primeira fila á súa particular...
Bia Ferreira. DP

A 'artivista' que veu do Brasil

A BISAVOA de Bia Ferreira viviu na súa pel negra o que é a escravitude. O seu avó foi a primeira persoa libre da súa familia. A súa nai é cantante, directora de coros e pintora e ela ademais de tocar doce instrumentos e compoñer a súa música é unha auténtica ‘artivista’ que onte visitou Galicia por vez primeira. Unha muller comprometida co seu tempo, que forma parte desa...
Un joven en la playa fluvial del río Lérez. RAFA FARIÑA

Verán

DOUS SON OS signos claros que indican o inicio do verán. Un o fume das cacharelas de San Xoán. Os ceos vermellos de cada 23 de xuño e esa colección de recendos que van do petricor, o olor a herba acabada de cortar, á airexa mariña, ou a unha rebanda de pan de millo cunha sardiña por riba. O outro vén uns días antes, co rebumbio dos nenos baixando as escaleiras do cole a...
Unha escena da obra 'Os reis caóticos'. RAFA FARIÑA

O xogo do teatro

ÉRGUESE o pano e aparece unha muller con camiseta e pantalón negro e cunha gorra estilo Gatsby chea de ideas marabillosas. Acomoda os lentes sobre o nariz e cóntalle ó público que enche o patio de butacas o día no que se adentrou nun cole do interior lucense e descubriu unha aula cun pequeno escenario, na que os armarios se convertían en camerinos e as cadeiras e as mesas...
Los agentes Roberto Carrera (izq.) y Jośe Soengas, en una de sus charlas. GONZALO GARCÍA

O falar non ten cancelas

DI O REFRÁN que o falar non ten cancelas e é doado constatalo cada día asomando os ollos durante uns intres ás redes sociais. Recoñezo que ás veces é tentador vivir de costas ó que nese universo acontece porque entre petiscos de actualidade, que mudan cada segundo, chíos ocorrentes e ligazóns a artigos que poden ser de interese flotan demasiados comentarios violentos,...
Un cabaliño de mar no fondo do océano. EFE

Agora ou nunca

CIRCULA estes días polas redes as imaxes do curioso baile dun choco no fondo da enseada de San Simón. Todo un festival de cores baixo a a auga que sorprende pola súa luminosidade e a variedade de tons que estes animais despregan no seu hábitat natural. O vídeo, elaborado polo cámara Pedro Alonso, reflicte a beleza das profundidades das Rías Baixas cunha paleta de cores que...
Piragüistas na ría de Pontevedra. RAFA FARIÑA

O mundo a paladas

HAI UNHA semana, seguindo a campaña electoral, chegamos ao peirao das Corvaceiras. Alí os rapaces da Escola de Piragüismo Cidade de Pontevedra amosaban ós candidatos de Marea en que condicións adestran habitualmente. "No inverno morremos de frío e no verán abafamos coa calor", contaba o presidente do clube deportivo nunhas instalacións que máis parecían un vello garaxe,...
Entrada triunfal de Gómez Noya en la meta de la prueba de larga distancia. RAFA FARIÑA

A cidade como medalla

"VAMOS, venga!", gritaba tralas vallas colocadas na Ferrería un home xunto a dous nenos pequenos ó paso dos corredores con malla vermella. "Go, USA!", dicía cando o que pasaba suando era un atleta do xigante americano. "Allez, La France!"… E así. Durante o tempo que durou a carreira do pasado sábado do Triatlón, aquel home de complexión atlética e mochila infantil ás...
Imaxe de arquivo dunha pequena introducindo un voto na urna nas eleccións do 2016. JAVIER CERVERA-MERCADILLO

Votar con v

NA CLASE de quinto de Primaria preguntaron esta semana canto sabía cada un dos candidatos á Presidencia do Goberno e a quen votarían se tivesen a idade para facelo. A maioría do alumnado coñecía dous ou tres nomes, como moito a coleta dun terceiro ou as bromas co Falcon ou a afección á teletenda dalgún candidato no debate da semana e pouco máis. Houbo quen se animou a...
Imaxe de arquivo da vella iniciativa Abrazos gratis. OLGA FERNÁNDEZ

Os abrazos

HAI UNHAS semanas, cando convimos que o inverno xogaba a ser verán antes de hora, baixaba pola Praza da Verdura contra a hora do vermú cando dei cunha compañeira que estivera de prácticas unha temporada e á que había uns anos que non vía. As nosas miradas cruzáronse e, tralo segundo de rigor no que o cerebro escanea o rostro que ten diante e abre a carpeta das lembranzas,...
Un grupo de científicos se concentró este viernes a las puertas de la Moncloa. BALLESTEROS, EFE

Bajo las estrellas

ESTA primavera con olor a verano que nos ha traído marzo a la sombra de un evidente cambio climático nos está dejando noches despejadas de cielos tan brillantes que parece que estuviéramos más cerca de los astros. Si hasta los destellos rojos, azules y verdes de Sirio se pueden contemplar desde la ventana casi de un vistazo. Y en ese paseo bajo las estrellas surgen desde...
A escritora fina Casalderrey, a ilustradora Lucía Cobo, a mestra Fátima Ruibal e o editor Fran Alonso na presentación de A furgoneta branca. GONZALO GARCÍA

Fina e a filla do campaneiro

A FILLA do campaneiro de Moraña esmiuzou con tanto agarimo as lembranzas da súa nenez no Grupo escolar con dona Fina e don Mariano, "antes ós mestres chamabámoslles de don e dona", dixo, que a ver quen foi quen de non evocar para os adentros ó profe de seu que lle deixou unha fonda pegada nos tempos da escola. Durante a presentación do novo libro de Fina Casalderrey,...
DP

Negacionismo

Non lle gustaba nada falar de según que cousas. Se a filla maior sacaba o tema na sobremesa, ela arrodeaba a cunca con toda a man, apertaba ben a culleriña e remexía aquilo con tanto ímpeto que ata formaba un remuíño de café con leite. Contestaba ás queixas da rapaza con evasivas tópicas como iso de que nos temas de parella non hai que meterse ou cun repertorio avellentado....
Una niña hace cola junto a su madre para poder votar al sur de Teherán. EFE

Perigo, mulleres opinando

HAI SEIS anos sorprendíanos a imaxe da primeira rolda de prensa do que entón era o recén nomeado ministro iraní de Exteriores, Mohamad Javad Zarif, cunha chea de cadeiras nunha sala de prensa ocupada por homes. Todas elas. Sentadas no chan, nun pequeño corredor que quedaba entre as ringleiras de asentos, vestidas de negro da cabeza ós pés, tomaban nota un grupo de mulleres...
Curso de autodefensa feminina. DAVID FREIRE

Combater o medo

HAI UNHA semana duascentas mulleres déronse cita no pavillón do Centro Galego de Tecnificación Deportiva. Impartíase un curso de autodefensa. Alí coincidiron grupos de amigas de todas as idades, nais con fillas, mulleres soas, avoas... Algunhas porque sufriron algún tipo de agresión ou maltrato nun momento determinado das súas vidas e outras para aprender a protexerse....

O mellor mundo posible

A MIÑA amiga A. asómase ós trinta coa sensación de quen se achega a un abismo. Di que dun tempo a esta parte o tempo corre baixo os seus pés e que a luceciña da maternidade empeza a acendérselle, malia que hoxe en día xa haxa neste país máis nais de corenta que de 25. N., con dez anos máis, quixo agardar para ter un fillo. Agardar a ter un contrato estable, agardar a ter...
Vista da ría de Arousa desde A Illa. RAFA FARIÑA

Relato da Illa do tesouro

DE SÚPETO, un ceo de primavera irrompeu no inverno como unha visita inesperada, desas que che aluman a alma. O sol quecía con toda a forza que lle consinte febreiro. E, como piratas noveis con sede de aventura -e de luz-, saímos da casa á busca duns planos novos que gravar, dun día que compartir e de novos tesouros que desenterrar. Así foi que nos plantamos na Ría de Arousa...
Conserveiras traballando. ARQUIVO DO GRIS AO VIOLETA

Cinco anos do gris ó violeta

A PALETA de cores da memoria en Pontevedra tinguiuse de lila hai xa cinco anos. Naceu entón unha iniciativa que pretendía poñer luz sobre moitos nomes de muller que permaneceran na escuridade duns anos terribles. ‘Do gris ao violeta’ conseguiu que as historias silenciadas de mestras e científi - cas, das mulleres represaliadas e esquecidas, das nosas creadoras, das que...