María Varela / A lume maino
María Varela / A lume maino
Ponte colgante na Estrada. IRIA EIRAS, ARQUIVO DP

Un só vagalume

CONTA a miña avoa que cando era nena as floriñas que medraban ó carón da súa casa sabían a mel. Gustáballe collelas e lambelas polas corredoiras, camiño da fonte das ras. Daquela, as andoriñas aniñaban por centos ó tempo que as mimosas mudaban a paisaxe do inverno e a enchían de cor. Os groso rumor dos ríos ateigados de troitas escoitábase desde a casa e nas noites de verán...

Solange

O INVERNO á beira do Lérez é frío e húmido. A néboa acompaña ó río no último tramo da súa viaxe, pegañenta e misteriosa. Baixo a ponte dos Tirantes parecen emerxer decotío algúns deportistas cuxo ánimo vai curtido pola xeada de primeira hora. Os músculos tensos, aceirados. Co espírito fixado na meta, apartan a auga cara o seu obxectivo con tanto ímpeto coma forza, na...
Nenos nun parque infantil de Pontevedra. ADP

Un mundo con nenos

O PEOR do problema demográfico non son as estatísticas que ano a ano van debuxando a sangría poboacional cunha liña recta descendente e sen freo. O peor non é contar cantos pobos van quedando baleiros ou habitados por un ou dous ancianos, nin que saibamos que somos o segundo país máis envellecido de todo o mundo e non fagamos absolutamente nada por remedialo. O peor...

Esta febre de Nadal

CADA ano sucumbimos antes ó delirio do Nadal. Case non inauguramos decembro e xa estamos baixando do faiado a caixa dos adornos e a vella árbore que torna de aspecto do abrente á noitiña. Non hai dous iguais: unha bóla que acaba rompendo, un anxo que queda sen ás, outra postal nova ateigada de purpurina... Recoñézome nas imaxes de parellas de namorados facéndose selfis...
Espectáculo creado por Perfordance para Nadal no Price, inspirado no conto Canción de Nadal de Dickens. EFE

Un anuncio de Nadal

O DÍA do meu aniversario comezara xa na sobremesa anterior, cando en vez de facer os deberes imaxinabamos en voz alta todos os plans que iamos compartir para celebralo. Porque o día que un cumpre anos, manda, elixe o xantar e pode pedir un desexo ou máis, especialmente se hai torta de chocolate con candeas que apagar a asubíos na sobremesa. As sorpresas multiplícanse e...
El Ministro de Exteriores, Josep Borrell, observa como abandona el hemiciclo Gabriel Rufián (ERC) tras protagonizar ambos un duro rifirrafe. EFE

La mala educación

NO SON buenos tiempos para la política. El halo de prestigio que hace solo unas décadas brillaba entre los representantes democráticos ha quedado casi reducido a cenizas por el fuego del infierno de la corrupción, principalmente, pero también por los constantes intentos de manipular todos los hilos desde el poder. Es lo que tiene cambiar jueces como cromos, enfangarse en...
Piragüistas no Lérez. ALBA SOTELO

Unha fenda coma un río

A PRIMEIRA hora da mañá a néboa xoga a agocharse pola Xunqueira de Alba. O alento xeado do río Rons dálle unha apariencia de baño de vapor e converte a contorna nun lugar misterioso, coma encantado, atravesado por sendeiros de terra que desaparecen entre a follaxe e por moreas de historias distintas con rostros distintos. Contra o mediodía o sol vai quecendo a paisaxe, e...
Unha muller le unha esquela pegada nun panel ó carón dunha estrada. RAFA FARIÑA

A resistencia

NOS TEMPOS do dixital o papel é o soporte que nos mantén os pés na terra. A nosa resistencia. O meu pequeno, con pouco menos dun ano, gateando pola casa, dera cunha revista que agonizaba no chan e intentou mover a imaxe da portada preméndoa co mostreiro. Decateime do seu xesto innato, de como agarimaba aquela folla de papel couché co seu dediño, coma se quixera...
David Summers durante o concerto de Hombres G en Lugo. VICTORIA RODRÍGUEZ

O marcapasos

É a música un fío que vai enlazando recordos, épocas ou momentos da vida. Unha sorte de marcapasos que vai acendendo o corazón a cada latexo entre notas que brillan como chispazos dun tempo anterior

Espectáculo de maxia.DP

O mago

UNHA hora antes da actuación do mago, algúns maiores empezaban a ocupar as primeiras cadeiras naquela pequena praza de barrio. Adoitaban facelo tanto se sobre o pequeno escenario se agardaba un contacontos infantil, un grupo de gaitas ou unha representación teatral. Esa tarde de agosto, que ulía a despedida e tormenta, era a quenda da maxia. Conforme avanzaba a tardiña...
Praza de Mugartegui o pasado 11 de agosto. RAFA FARIÑA

Palabras esquecidas

ESCRIBÍN ESTAS palabras aínda co voo dos papeliños de cores na ventá e un remuíño de emocións nos adentros, aínda cun belisco no corazón e co eco dunha praza fermosa e ese dó desacompasado entre a música da charanga e os pitos da Policía Local. Escribín isto hai xusto un mes, aínda coa emoción fortemente anoada ó estómago, supoño que no fondo non quería que saísen as bágoas...
Imagen para el artículo de María Varela del 04.09.18

Cazadores de abrentes

A LGUNHAS mañás saio a camiñar sen levantarme da cama sequera. Dei coa maneira de cumprir -a distanciacunha das teimas de cada setembro, coma este que xa mordemos. Desde hai uns días esperto, abro a ventá social e boto a andar ás agachadas por diferentes corredoiras ata que dou con eles. Non son avenoiteiras coma min, senón unha sorte de cazadores de abrentes que ateigan as...
Imagen del artículo de María Varela del 31 de julio

Imaxinar o mar

POR IMAXINAR, imaxino que estamos no verán e que teño un feixe de horas para gastar a pracer. Véxome camiñando sen mochila ó lombo por un carreiriño de pó e pedras, arrodeada de silveiras e amoras a piques de madurar e, de fondo, podo escoitar ó murmurio dun regato e o laretar en galego das bubelas. A paisaxe é verde, este ano si, moi verde. Por algo choveunos ata en soños....
Redeiras en Combarro. RAFA FARIÑA

Co fío da afouteza

A PRIMEIRA vez que vin un grupo de mulleres tecendo unha rede foi durante a crise do Prestige. Naquel novembro de 2002, ó tempo que a ameaza do fuel avanzaba coa marea cara a riqueza galega, vogaba o medo sobre a auga, como unha lingua pegañenta e velenosa. Para facerlle fronte, mulleres de todas as idades, construíron círculos de sororidade nos peiraos e empezaron a...
Nenos na festa de graduación de Educación Infantil. GONZALO GARCÍA

O graduado

A maior dos meus nenos só ten nove anos, pero na miña casa xa fomos a catro cerimonias de gradación polo menos entre garderías e escolas infantís. Con birrete, diplomas e bágoas de nai orgullosa incluídas. Hai a quen lle parece unha moda importada un pouco absurda, quen o entende como unha festa máis para que os pais nos poñamos fachendosos e fagamos milleiros de fotos co...
Ventás abertas con vistas ó centro histórico de Pontevedra. DAVID FREIRE

... E que entre o aire

C ANDO aquel fotógrafo de Ourense que pasara un tempo percorrendo Alemaña e retratando os galegos na diáspora chegou á vila á que emigraran os seus curmáns, chamoulle poderosamente a atención que as portas das casas permanecían abertas e as bicicletas aparcadas fóra. A calquera hora do día. Naquela vila do val do río Kocher non había cancelas nin tampouco candados. Incluso...