miércoles. 21.04.2021 |
El tiempo
miércoles. 21.04.2021
El tiempo

A señora nai de Adam Smith

"Non é da benevolencia do carniceiro, o cervexeiro e o panadeiro de onde obtemos a nosa cea...". Deixe que me dea a risa

Naomi Parker (dereita) e a súa irmá Ada

De súpeto, unha icona

Como adoitou suceder coa construción dos eternos femininos durante os últimos milenios, tamén os homes artellaron a Rosie The Riveter, a muller debuxada nos carteis de 'We Can Do It' en 1943

Vicky Larraz

'No controles'

Un día subimos ao carro para cantar. As de Hombres G. 'No es serio este cementerio', de Mecano, con córeo. E, sobre todo, Olé Olé

O amor non move o mundo

San Valentín ten a súa razón de ser porque nalgún momento había que facer maratóns de comedias románticas noventeiras

A vida en chándal

Nestes tempos da ditadura do 'skinny' e 'slim fit', algunhas prendas de roupa compórtanse como a miña bolacha campurriana de Proust

Aitana War. RTVE

Eurodramas

Os vascos de McGyverlevaban chaleque e bigote. Os eurofáns españois desbotaron a opción de mandar perreo feminista a Lisboa

Un fotograma de 'El Cosmonauta'. EP

O traxe de Tereshkova

Alfredo e Víctor pasáronme hai uns días a ligazón do documental Hard as Indie  ou como todo o que pode saír mal nun proxecto audiovisual acaba por saír mal. El cosmonauta , non sei se lembran, foi unha longametraxe que empezou a xestarse hai agora dez anos e que viña para revolucionar o cine. Os seus promotores,...
O videoclip da túa adolescencia. EP

Ai, Dolores

En clase de inglés xogabas a encher ocos de texto en cancións. Á volta de Nadal, Helen sacou un cedé do bolso. 'No Need to Argue'

A sangue frío

Días de merda

O matraquiño dos números non funciona desde que era conselleiro Cochón, pero vas ata alí, por se o ano novo obrou a milagre

'A girl walks home alone at night', un film de Ana Lily Amirpour

Rapazas que camiñan soas

Métese a néboa. Aceléraseche o pulso cando cres percibir que un coche aminora a marcha ao teu paso. Parará? Dirame algo?

Maxia no baño das tías

SAÍR EN Fin de Ano é o peor. Non, non é "inocentada". Sobre todo, porque as galegas celebramos tal cousa —o día dos enganos— o primeiro de abril, cando van os burros onde non deben ir. Que xa lle vale a quen se lle ocorreu que era unha boa data para a chanza na que se conmemora unha matanza de meniños. Ao que...
O anxo exterminador de Llimona do cemiterio de Comillas. WIKIPEDIA (P.G.Obregón)

Volve á casa (se tal)

O meu Nadal viaxa a Oriente na liña Tui-Irún de Alsa coa fronte pegada ao vidro conxelado, entre efluvios modorrentos de Biodramina

Fantasía e tempo

Souben pola edición de Manuel Outeiriño de Las tinieblas de Occidente de Risco que na historia se suceden vagas clásicas e románticas

Protexede a Roi, por favor. RTVE

Sapoconchos

Desde que colocamos a Lucía Pérez en Eurovisión, non se vira unha troleada galega semellante á de Roi en 'Operación triunfo'

Os mercados de Nadal de Hamburgo abren en novembro. SRDJAN SUKI (EFE)

Abriu a veda, amigas

'Fairytale of NewYork' é a máis fermosa e triste das panxoliñas. Cando se supón que podemos empezar a facer cousas de Nadal?

De San Quevin a Thanksgiving

SERENNA TEN dez anos e a súa familia é de Scottsdale, Arizona. Hai uns días quedou alucinada cando lle dixen que eu nunca celebrara o Día de Acción de Grazas. Se non pasa nada, hoxe prepararemos unha salsa de arandos vermellos e unha torta de cabaza, porque o consorte e mais eu estamos convidados á nosa primeira cea de Thanksgiving...
Marta Veiga.AEP

Días de imposición

O PRIMEIRO traballo que lle entreguei a Carme Hermida  mereceu un menos oito. Póñoo en letra, porque así dá a impresión de non ser tan embarazoso. A miña estrea cun suspenso final foi en segundo de carreira. Lingua Galega Oral, outra vez con Carme Hermida. Naquela altura, se estabas...

Lisístrata

O 24 de outubro de 1975 as mulleres de Islandia déronlle unha volta á ‘'Lisístrata'’ de Aristófanes e secundaron un paro xeral feminino cun éxito de participación do 90%. Vinte e cinco mil mulleres marcharon por Reikiavik para demandar unha igualdade salarial e de dereitos no ‘'Día libre das mulleres'’. As islandesas decidiron que aquel venres non irían ao traballo, que...

Brie Larson

SERÁ A vindeira Capitana Marvel e o ano pasado, por estas datas, gañou un Oscar de Hollywood por interpretar unha sobreviviente dunha violación na película ‘'Room'’. Este domingo, a actriz Brie Larson celebrou como propio o premio da súa amiga Emma Stone, que no seu vestido dourado levaba unha insignia de Planned Parenthood, unha organización que desde hai máis dun século...

Pelis alemás

AGORA QUE non nos le ninguén, direilles que un dos meus vicios inconfesables son os telefilmes alemáns que botan as fins de semana logo de que Martín Barreiro dea o tempo. As pelis alemás de despois do xantar acontecen en lugares idílicos de Baviera, mais tamén en Italia, Suecia ou Escocia. Están protagonizadas por mulleres de mediana idade que se decatan de vez de que...

Cachitos

CACHITOS DE hierro y cromo'’, un programa de La 2 que escolma actuacións musicais en RTVE e lle engade uns rótulos cargados de cultura pop e mala baba, é un dos mellores formatos que ten saído das canles estatais nos últimos dous lustros. En ‘'Cachitos'’ podes ver a Demis Roussos a voar nunha botella de champán e a Nina Hagen a cantar -en rigoroso playback- nos platós de...

Información de provincias

QUE PECHEN ao tránsito a Gran Vía de Madrid é unha información local. Que chova/neve/baixe a néboa en Madrid é unha información local. Que haxa retrasos no metro de Madrid e que se produzan atascos nas entradas a Madrid son informacións tan locais como as que pescudan se as luces de Nadal de Santiago son máis cutres cás de Vigo ou Ourense. Que os medios de comunicación as...

Quadrophenia e calcomanías

DESDE HAI uns dez días cóntannos desde Madrid, A Coruña ou Santiago que Lugo é unha cidade sen lei atemorizada por unha banda de adolescentes violentos. O venres á mañá lin un artigo de La Voz de Asturias que falaba do Quadrophenia  lucense, en relación á película de 1979 baseada na ópera rock de The Who que relata as leas entre mods e rockers no Reino Unido dos anos...

O segundo Brexit

O HAKA viquingo comandado por Aron Gunnarson o luns á noite logo de que a selección masculina de fútbol de Islandia lle gañase a Inglaterra nos oitavos de final da Eurocopa pode ser o mellor que me pasou nos últimos tres meses. Sen esaxerar. Houbo dous ou tres detalles en Xogo de Tronos. Pero son ficción. Disque. Non como as pencas nos brazos de Aron entregados á torçida....

Eurodrama. Parte III. Lío en Estocolmo

Leccións aprendidas da sesaxésima primeira edición do Festival de Eurovisión: o ano no que TVE envía por primeira vez unha candidatura integramente en inglés con iso de soar "modernos" e que "entiendan el mensaje" gaña o certame un tema cantado en tártaro de Crimea, o da ucraína Jamala. Son cousas que pasan. Grazas ao sistema de transmitir o voto estreado nesta edición...

Das CUP á copa

HAI UNHA boa chea de señores que hoxe souberon da existencia dun artiluxio chamado copa menstrual grazas ás CUP, que veñen de presentar unha moción no Concello de Manresa para que as rapazas reciban información sobre a regra máis aló das compresas e os tampóns, e que consideran que debe ser un departamento público e non as marcas comerciais da chamada “hixiene feminina”...

Dieta mediterránea

CADA VEZ que un informe como o recente da Organización Mundial da Saúde alerta sobre tal ou cal alimento, os médicos repiten o mantra da volta á dieta mediterránea, que é a boa. Fano, mesmo, algúns doutores galegos, que non se decatan de que en Galicia non se pode regresar a algo que nunca existiu. Para mellorar os hábitos dos galegos desde a infancia, a Xunta tivo a ben...

Outro partido do século

HAI ASPECTOS da neolinguaxe do xornalismo deportivo que me producen arrepíos. Os clásicos e partidos do século que se xogan cada media hora. A moda horrísona de chamarlles "perlitas" aos xogadores da canteira. O feito de que en certos medios que se autonomean "nacionais" sexa máis sinxelo consultar a xornada na Bundesliga ou na Premier có resultado dun Alcorcón-Leganés...

Agora, Rosa e Toni

PRIMEIRO, Tania e Pablo anunciaron a súa ruptura a través do Facebook na resaca das eleccións andaluzas. Quérense. Admíranse, pero o seu era difícil. Xa o dixo Lucía Muñoz desde a súa conta de Twitter: Tauro e Libra non fan bo caldo. É unha mágoa o desamor. Aínda non tiven corpo para dicirlle á miña nai, que leva unhas semanas desconectada polo apagón dixital, que o...
ç