Viernes. 18.01.2019 |
El tiempo
Viernes. 18.01.2019
El tiempo
Emprendedores frustrados entrando na oficina de emprego. DAVID FREIRE (ADP)

A precariedade e a aventura

HOUBO UN tempo no que nos dixeron que, no futuro, o segredo do éxito sería emprender. Eu sempre desconfiei do entusiasmo co que se falaba dos emprendedores. Dicíannos que se non tiñamos traballo, que o creasemos. Que deixaramos de queixarnos e fixeramos algo realmente interesante. Que ser freelance  era o mellor, porque non teriamos xefes e fariamos o que nos petase....
Raposos vítimas doutro campionato de caza. RAFA FARIÑA (ADP)

O Torero, Vox e a caza do raposo

HABÍA UN home nas Neves ao que chamaban o Torero. Un día de labranza, un dos seus bois deitouse no medio dun dos regos que estaba arando, esgotado pola calor e o cansazo. O home, cheo de carraxe e con ganas de acabar o traballo, deulle tal tunda que matou ao animal. Daquel episodio violento e cruel quedou un alcume que aínda recorda a miña avoa con retranca: o Torero....
Uns nenos escriben a súa carta aos Reis Magos nun obradoiro de Mundonadal. JAVIER CERVERA-MERCADILLO

A miña carta aos Reis Magos

QUE 2019 sexa un bo ano. Que non quedemos na casa mentres teñamos motivos para saír á rúa. Que o 8 de marzo volva ser un día histórico, outro, para as mulleres. Que a ninguén lle preocupen máis as case inexistentes denuncias falsas que os crimes machistas. Que non nos dea máis noxo un tampón que o número insoportable de asasinadas. Que non teña que finxir que falo por...
Foto de arquivo dunha concentración feminista na Praza da Peregrina.JAVIER CERVERA-MERCADILLO

O noso toque de queda

Négome a aprender karate para saír tranquila á rúa

Xa é Nadal nas rúas de Pontevedra. JAVIER CERVERA-MERCADILLO

Noite de amor?

"Prefiero un hijo drogadicto a uno maricón". A perla escoitouna da boca do seu tío un amigo homosexual durante a súa adolescencia nunha cea familiar de Nadal. A día de hoxe, con case 30 anos, aínda non foi quen de falar abertamente da súa orientación sexual ante a súa familia. E con estas, chega o Nadal. Prendemos o 'lucerío', comemos turrón e entoamos a de "noche...
Un patio de colexio. ADP

O conto da inclusión

A profe María deseñou unha clase apracible para Xosé. Todos sabían que a aquel neno non lle gustaban os ruídos fortes, que de cando en vez tiña que levantarse da súa cadeira e dar un paseíño pola clase e nunca, nunca, podía quedar só no patio. Dúas nenas eran as encargadas de que Xosé, que tiña dificultades para conectar co resto dos pequenos da clase, non se sentise...
O vindeiro domingo celébrase o Día Internacional de Loita Contra a Violencia Machista. JAVIER CERVERA-MERCADILLO

A liberdade que nos pete

Imos camiño do 25 de novembro, o día no que recordamos que ás mulleres nos están matando, e todo son eslogans nos que disque non estamos soas