lunes. 22.07.2019 |
El tiempo
lunes. 22.07.2019
El tiempo
David Castro e Edu Sousa, xogadores do Pontevedra Club de Fútbol, adestrando. GONZALO GARCÍA

As apariencias enganan

ESTA HISTORIA pasoume unha das últimas veces que madruguei, que foi hai moito tempo, xa non lembro con exactitude cando. Non se deixen seducir pola apariencia do nome da profesión. A vida dun xornalista solteiro é realmente dura. Sen muller nin fillos que che permitan medir e uns horarios laborais condicionados pola actividade informativa, ao final acabas converténdote...
Xente paseando por Pontevedra. JAVIER CERVERA-MERCADILLO

España, ano 2060

P ontevedra é a terceira provincia máis poboada de España. Achégase á cifra récord de principios do século XXI. Os movementos migratorios masivos desde zonas desérticas acabou afondando no abandono do Sur. O cambio climático incrementou o seu ritmo e intensidade despois da Terceira Guerra Mundial e o interior acabou desolado. Os antigos territorios da Meseta, así como os...
Os restos do vehículo de José Antonio Reyes. RAFA ALCAIDE (EFE)

Todos fomos novos

HAI CERTAS persoas coas que, se es famoso, non convén meterse: futbolistas, toreiros, estrelas do canto, actores e multimillonarios que fan enxeñería fiscal para non pagar os impostos en España e logo, co diñeiro aforrado, doarlle ao estado máquinas para o seu sistema de sanidade. Xa pasou, xa pasou! Se non tes as costas anchas para recibir, non é conveniente mentar a un...
Oliver Laxe, nunha oficina da facultade de Ciencias Sociais. RAFA FARIÑA

Máis tipos como Oliver

OLIVER ERA un paquete  novo e prometedor. Era o xogador máis alto e tamén o mellor: case o único recurso que tiñamos, ademais de Edu Muñiz, manicho, raza branca, tirador. O problema é que eramos o peor equipo da historia do baloncesto. Non só do baloncesto universitario, tamén do federado, do veterán e do baloncesto base. Seguro que os preminis do Boa Vila nos...
Radioactivoman e Fision Boy. ETSY

Fision boy e os asesores

OS ASESORES teñen datos que escapan ao coñecemento da poboación. É imposible de entender, se non, que empreguen dunha forma tan libre aos políticos que lles pagan para arriscarse ao seu maior ridículo. Os asesores de Pontevedra traballan arreo. Son bos profesionais e nalgún caso, incluso, boas persoas. Non son os típicos ghichos engominados que invisten á mañá en Wall...

Fision boy e os asesores

OS ASESORES teñen datos que escapan ao coñecemento da poboación. É imposible de entender, se non, que empreguen dunha forma tan libre aos políticos que lles pagan para arriscarse ao seu maior ridículo. Os asesores de Pontevedra traballan arreo. Son bos profesionais e nalgún caso, incluso, boas persoas. Non son os típicos ghichos engominados que invisten á mañá en Wall...

A lacra da sociedade

A MIÑA primeira aposta foi cun bono de benvida. Xogara a que o Real Madrid da última temporada de Jose Mourinho ía conseguir o triplete. Hahaha. Vaia risas, visto a touro pasado. Tamén apostei que Chris Froome ía gañar o Tour de Francia do ano seguinte, despois de ser segundo por detrás de Bradley Wiggins no que rematara. Esquecinme do asunto aquel das apostas ata que, un...
Os representantes das forzas políticas de Soutomaior e Ponte Caldelas manifestándose contra o trasvase do Verdugo en Pontesampaio. JAVIER CERVERA-MERCADILLO

O nome é o de menos

PARA O Remi só había un problema maior que a súa promiscuidade: a súa falta de memoria. As súas mozas cazábano en pleno éxtase vítima da súa torpeza: a Sandra, repetíalle o nome de Irene, a Irene o de Mariola, a Mariola o de Mabel, a Mabel o de Susana e a Susana o de Sandra. Hai poucas cousas peores que o de dicir o nome da muller incorrecta en plena éxtase: un auténtico...
Lores saudando aos vogais e presidente da súa mesa electoral o pasado domingo xunto a Carme da Silva. GONZALO GARCÍA

O milagre de Miguel Anxo

AO MEU amigo Marcos non lle gusta Lores. Di que é un pouco melón . Non sei que teñen de malo os melóns nin tampouco cal é o pecado de Lores para ser comparado cunha froita con tanta auga. Pero o caso é que a Marcos non lle simpatiza o alcalde de Pontevedra. Non é ao único. Hai moitas persoas en Pontevedra ás que non lles cae ben. Quizais polo tono que emprega cando...
Rutger Hauer, no momento do seu antolóxico discurso baixo a pertinaz chuvia de Blade Runner. WARNER BROS - BLADE RUNNER PARTNERSHIP

Coma bágoas na chuvia

RIDLEY SCOTT relataba un universo apocalíptico. As grandes corporacións dirixían o mundo e sometían a robots con aparencia humana como se fosen escravos. En Blade Runner, así se chama a súa obra mestra, Los Ángeles palidece no medio dunha chuvia inmisericorde que semella radioactiva e alterna cunha perenne sensación de afogo absoluto, de días sen luz. "Eu vin cousas que...
Exposición sobre a historia da lingua galega. ANHOA SAAVEDRA

Estes fascistas do galego

SEVERO SÓ sabía falar en galego. Era a lingua dos seus pais. Tamén era a que falaba todo o mundo en Cedeira. Severo ía á escola e adquiría diferentes coñecementos en ciencias e letras. Todo en castelán. O galego estaba apartado da vida oficial cando el estaba a medrar, en plena posguerra, época na que ningún habitante do medio rural e moi poucos das vilas empregaban o...
Un axente diante dun vehículo policial. JOSÉ LUIZ OUBIÑA

De excursión coa policía

UN GRUPO de animais salvaxes tomaron este martes as rúas de Pontevedra e reclamaron a atención da Policía Nacional. Os membros dos corpos de Seguridade do Estado escoltáronnos ata o seu destino, evitando que a súa vida estivese en perigo. Era unha familia de gansos. A nai camiñaba paciente entre formigón, plaqueta, edificios e asfalto en dirección ao río dos Gafos....
Un cidadán exerce o seu dereito ao voto. JAVIER CERVERA-MERCADILLO (ADP)

Eleccións con corazón

O meu amigo e amigo dunha gran cantidade de pontevedreses Seve Penelas é do Pontevedra. Só e exclusivamente do Pontevedra. Un día, no campo de Pasarón, mentres rillaba as unllas vendo xogar ao equipo, un observador imparcial preguntoulle a Penelas de que equipo era. -Do Pontevedra. -Non. Eu referíame a que equipo de Primeira División. Do Madrid, do Barcelona…...
Vincent Vega (John Travolta) e Jules Winnifield (Samuel L. Jackson) nunha mítica escena da película. PULP FICTION

Animais con etiqueta

–Queres touciño? –preguntou Vincent Vega. –Non como carne de porco, meu –respondeulle Jules. –Es xudío? –Non. É que non me gusta a carne de porco. Máis nada. –Por que non? –Porque son moi sucios. E eu non como carne de animais guarros. –Pois o touciño está delicioso e tamén o churrasco. –Mira. Disque a rata de cloaca sabe a marisco, pero...
Un rapaz conduce o balón nun partido de fútbol base. G.G. (ADP)

Leccións para non aprender

OS MEUS pais nunca viñeron verme xogar. Nunca llelo agradecerei o suficiente. O meu nome só o berraban os meus compañeiros, os rapaces doutras categorías que non tiñan outra cousa mellor que facer que ir ao pavillón do colexio Padín Truiteiro a presenciar un partido de xuvenís e, sobre todo, o adestrador, que me dicía que tiña que tirar sempre, ata que tiraba e fallaba, que...
Os amables plurilingües de Hablamos Español facendo campaña a favor da súa causa en Sanxenxo. JOSÉ LUIZ OUBIÑA

Galegos coma indios

HOLLYWOOD CONVENCEUNOS de que os indios eran os malos. Aparecían nas películas con plumas na cabeza, pinturas na cara, machetas nas mans, algún dente máis torto que outro e cicatrices varias de Deus sabe que partidas de tute: sanguinarios asasinos. Arrincaban cabeleiras a vaqueiros e granxeiros, asasinaban aos seus avós, secuestraban aos fillos, violaban ás mulleres,...
Lucía Vázquez aprendéndolle claves de nutrición a Rodrigo Cota. JAVIER CERVERA-MERCADILLO

Feos, guapos e guapotes

MIÑA NAI ten un particular sentido da beleza masculina. Diferencia entre feos, guapos e guapotes. A guapura é directamente proporcional ao perímetro corporal. Con miña nai, os gordos triunfan. Ela sempre estivo delgada. Tanto traballar co legón entre leiras e tanta preocupación polos seus pais, os seus animais e a media ducia de fillos que pariu, eu inclusive, impedíronlle...

A lenda de Keyser Söze

"SUPONSE QUE que é turco", dixo Verbal Kint, con cara de ter o aparato dixestivo feito fosfatina. "Din que seu pai era alemán. Ninguén creu nunca que fose real. Ninguén o coñecía, nin a ninguén que traballase directamente para el. Pero segundo Kobayashi, calquera podía traballar para Söze. Non se sabía. Ese era o seu poder. O mellor truco do diaño foi convencer ao mundo de...

O boi cagou na botella

AO MEU amigo Tanqueta dixéronlle que a carne de boi era deliciosa e se pagaba ben e decidiu mercar un. Tanqueta é bo negociante e mellor comedor, polo que a transacción encaixaba co seu modo de vida. Como non sabía onde metelo, fíxolle un cortello no eido da casa e empezou a sacalo a pasear polo xardín, sempre que o sol da tarde acompañase. Pronto descubriu que o...
Foto centenaria do Concello de Pontevedra. ARQUIVO DE JOSÉ VALERO CASAL

Cidadán Valero Casal

AO PRINCIPIO sabía quen era, pero non o coñecía. Traballaba na sección de preimpresión do Diario de Pontevedra. Facía tarefas que non levan sinatura, pero que son tanto ou máis importantes que as do fotógrafo e o redactor. José Valero Casal gastaba un humor escuro. Cando lle saía a mala baba  cuspía comentarios intelixentes plenos de ironía que a un, sempre que...
Un pai co seu fillo despois de saíren do colexio. ADP - Portada

Sociedade empobrecida

NA GARDERÍA que rexía Dona Milagros había que andar con moito ollo. Milagros dirixía con man de ferro o seu tugurio. Calquera actitude dos mocosos que pasaban polas súas mans era susceptible de recibir castigo. Os pais e as nais depositaban alí os seus nenos para que aprendesen cousas do cole e da vida. Se era preciso que encaixasen algunha boa labazada, traballo aforrado....
Vasili Arkhipov coa súa dona Olga, nunha foto da colección familiar. DP

Os salvadores do mundo

É posible que vostede lle deba a vida a Vasili Arkhipov. E non sabe nin quen é. Non ten a culpa. Ata hoxe nunca llo mentaran. Coñece a Patton, ao xeneral Grant, ao xeneral Custer, a Teddy Roosvelt, a Montgomery e a Lawrence de Arabia. Pero non ten nin idea de quen é Arkhipov.  Era soviético. Un soviético durante a Guerra Fría. Estaba no bando equivocado para facer...

Lo peor del fútbol

LA PRIMERA entrevista de mi vida fue a José Aurelio Gay. En una larga conversación de casi una hora, se lo pregunté todo. Gay habló de sus ascensos, de sus títulos, del sorprendente poder que el fútbol tiene sobre las personas. "¿Qué es lo peor?" Yo esperaba que hablase de derrotas, de descensos, de la amargura del fracaso deportivo. No. ¡Que va! "Las lesiones. Sin...
Estudantes de Selectividade na facultade de Ciencias Sociais. DAVID FREIRE

Manzanas traigo

NA CLASE de Lingua Española da promoción de 1996 de COU do Instituto Meendiño de Redondela intentabamos non incorrer en yeísmo. A profesora Dolores Lería encargábase do asunto. Dolores era unha mestra que marcou unha época para moitos alumnos do centro e seguramente para calquera bo estudante de Secundaria que estivese á súa disposición. Tiña un avó que lle lembraba que non...
Lores visitando os lombos de Juan Bautista Andrade en 2011. DAVID FREIRE

O Lores e o paraíso

A o primeiro día, Lores creou Pontevedra. Era sucia e escura, desordenada, caótica. Cada vez máis, motores e claxons  enfadados, longas colas para acceder ao centro da vila, fábricas, aires perniciosos, augas contaminadas, rúas intransitables para os peóns. Lores apareceu para acabar co caos. Retirou os coches da zona monumental. Ao segundo día, Lores fixo beirarrúas....
Kike Hernández entrevistado por Kelli Tennant. LOS ANGELES DODGERS - Portada

O flautista de Hamelin

DEBO RECOÑECER que non me vexo perseguido polo mero feito de ter aparato reprodutor masculino. Non estou oprimido. Non señor. Como moito, sinto que a vida se pon canalla cando teño que levar traxe e garabata, que foron tres ou catro infaustas ocasións en 40 anos. E iso non ten nada que ver con ser home ou muller, senón coas estúpidas convencións sociais (vodas, bautizos,...

Confianza en la identidad

Cuando se acaban los buenos resultados llega el momento de reflexionar y confiar más que nunca en la identidad que ha hecho ganador a un equipo

El informe defintivo

El Pontevedra todavía no ha encontrado una dinámica estable ni en juego ni en resultados, lo que hace impredecible su evolución

Limpieza, por favor

El intento de soborno denunciado por el entrenador del Boiro abre la polémica que siempre acompaña los finales de temporada