Blog | Quitamerendas

Ratos de biblioteca

LIN MOBY Dick moi tarde. É unha lectura para mozos que chegou a min de adulto. Agora é a miña novela favorita", conta José Javier Fernández. "Gústanme os personaxes, gústame a trama. Non é unha novela de aventuras convencional, ten moita máis profundidade. Por iso penso que se converteu nun clásico", segue explicando. "Lina ademais cando vivía preto do mar e iso prestoume especialmente. Supoño que cos libros pasa como coas películas ou coas cancións, hainos que che chegan máis, polo que sexa. A min pasoume iso con Moby Dick".

Ourensán de nacemento afincado en Pontevedra, profesional do sector da hostalería, José Javier Fernández terá a consideración de socio de honra da Biblioteca Pública de Pontevedra durante este ano, despois de converterse nun dos superlectores de 2016. De feito, foi o usuario que máis materiais levou para a súa casa. Solicitou 428 préstamos. "Hai que puntualizar que aí hai moita música, moito cómic e moito libro de consulta", aclara.

"Eu non era un deses nenos que lía moito de cativo. Máis ben comecei a facelo na adolescencia. No instituto foi cando me xuntei con outros amigos e comezamos a ler novelas de Stephen King". E ata hoxe. "Simplemente gústame ler. Sobre todo, na casa. Cando estou de viaxe por aí podo coller algunha revista ou algo así, pero onde máis gozo lendo é na casa", di. "Non sei exactamente o porque desta afección. Quizais haxa algo de evasión, pero non é o fundamental. Eu penso que a clave está en aprender, en descubrir cousas novas, en coñecer puntos de vista diferentes sobre asuntos diferentes. Iso conséguelo lendo a autores distintos". E pasando moito pola biblioteca. "Eu non imaxino unha cidade sen biblioteca", un deses sitios onde coincide todo o mundo, "dende xente maior lendo os xornais ata cativos facendo actividades ou lendo contos". Cada persoa pode atopar o que necesita. "Só hai que saber buscar".

As bibliotecas públicas de Galicia, que dependen da Consellería de Cultura e Educación, veñen de facer o seu balance anual. Tamén o fixo a de Pontevedra, na que os últimos datos estatísticos dos que se dispón son de 2015. A Biblioteca Antonio Odriozola, que garda 248.858 documentos e materiais (entre libros, audiovisuais, mapas, etc.), recibiu ese ano 164.670 visitas e realizou 123.073 préstamos. Tiña 33.240 usuarios inscritos (entre adultos, nenos e institucións). Deles mostrábanse activos 6.804. Entre os libros para adultos máis solicitados o ano pasado hai bestsellers como a novela de intriga La chica del tren, que leva millóns de exemplares vendidos en todo o mundo e os últimos títulos de autores consagrados como Isabel Allende e Almudena Grandes.

Se José Javier Fernández foi o usuario adulto que máis préstamos solicitou, Lois Álvarez, con 4 anos, foi o cativo que máis o fixo (227), seguido de Carla e Héctor Fariña, irmáns xemelgos de 6 anos (175). No caso dos tres nenos, as responsables da súa afección á lectura son as súas nais. "Lois se pasa el día pegado a los libros desde muy pequeño", conta a súa nai, Xandra Revenga. "Para mí es fundamental forjar un hábito. Él sabe que a la hora de irse a la cama hay que coger un cuento". Non protesta. "¡Protesta si no se lo lees!". Para Xandra Revenga, o papel das bibliotecas públicas é fundamental para os nenos. "Por muchas razones, pero una fundamental tiene que ver con el precio de muchos libros, que no están al alcance de todos los bolsillos", explica. "La biblioteca asegura el acceso a los libros de todos los niños independientemente de que sus padres puedan permitírselo o no".

Alicia Martínez, a nai de Carla e Héctor Fariña, que xa foron superlectores da Biblioteca de Pontevedra con tres aniños, pensa igual. "No es sólo que vayan a sacar libros de allí para llevar a casa, es que para mí es importante que vayan a la biblioteca, que aprendan cómo comportarse en un lugar público, a respetar los libros y a respetar a los demás".

Para Alicia Martínez é clave que os seus fillos, que pertencen ao colectivo que deu en denominarse nativos dixitais, se habitúen a manexar libros. "A mí me gusta mucho leer y me encantaría que a ellos también les gustase", di. "Lo considero primordial para que aprendan a escribir correctamente, pero además me interesa que conozcan otras formas de acercarse al conocimiento más allá de las maquinitas".



OS MÁIS PRESTADOS



Libros para adultos


La chica del tren, de Paula Hawkins; El amante japonés, de Isabel Allende, e Historia de un canalla, de Julia Navarro. Tamén Los besos del pan, de Almudena Grandes.

Libros para nenos


Diario de Greg, de Je Kinney; Os Bolechas, de Pepe Carreiro, e Caillou, de Christine L’Heureux e Hélène Desputeaux.

Cómics para adultos


Naruto, de Masashi Kishimoto; Fruits Basket, de Natsuki Takaya, e Rurouni Kenshin, de Nobuhiro Watsuki.

Cómics para nenos


Mortadelo, de Francisco Ibáñez, e Lucky Luke, de Morris.

Outros materiais para adultos


As series de televisión The Wire, The Good Wife e Juego de Tronos. Tamén Mad Men e House of Cards.

Outros materiais para nenos


Os DVD de Cantajuego, Érase una vez: el cuerpo humano e Dora, la exploradora.

Lecturas escolares


La fundación, de Antonio Buero Vallejo; Crónica de una muerte anunciada, de Gabriel García Márquez, e A esmorga, de Eduardo Blanco Amor. Tamén Campos de Castilla, de Antonio Machado; Don Quijote de la Mancha, de Miguel de Cervantes, e Cartas de inverno, de Agustín Fernández Paz.

Comentarios