Blog | Non tes tu fe

A lista máis votada?

Resulta que a última ocorrencia de Núñez Feijóo é reformar a Ley de Régimen Electoral General (Loreg) para garantizar que sea proclamado alcalde ou alcaldesa a persoa que encabece a lista máis votada nas eleccións municipais e, deste xeito, asegurarse a gobernabilidade sen ter que andar negociando con ninguén para sumar maiorías.

Non é a primeira vez que aos do PP se lles ocorre isto, máis que nada porque ata non hai moito ninguén quería pactar con eles, mentres que ao PSOE, mal que ben, sempre había alguén que se arrimaba. Mal que ben, os bipartitos entre socialistas e nacionalistas, por exemplo, van superando as probas que a vida e a políticalles pon por diante, polo menos ata seis meses antes das seguintes eleccións, pero ao PP non se lle ve moi feliz nin con Ciudadanos nin con Vox.

A paradoxa é que a Feijóo lle gustaría liquidar a posibilidade doutro bipartito PSOE-Unidas Podemos, por exemplo, pero, de existir xa esa norma, o seu partido tampouco podería estar gobernando agora, pois a de Sánchez foi a lista máis votada (e, aínda así, levan catro anos chamándolle "gobierno ilegítimo") nin Ayuso tería chegado ao poder en Madrid en 2019 grazas a uns socios dos que se librou en canto tivo ocasión. A ver se vai ser iso.

Comentarios