Blog | Non tes tu fe

A xoia da coroa

Al parecer, los padres de Froilán estarían preocupados por su amistad con el pequeño Nicolás
photo_camera Froilán coa súa nai, en 2015, cando a preocupación era a amizade do rapaz co Pequeño Nicolás. ARQUIVO

O mesmo día e practicamente á mesma hora que a Casa Real española emitía un comunicado para informar de que a infanta Sofía seguirá os pasos da súa irmá Leonor e estudará os dous cursos do Bacharelato no UWC Atlantic College de Gales (Reino Unido), coñeciamos un novo capítulo nas peripecias do seu curmán, Felipe Juan Froilán de Marichalar y Borbón.

Cando xa pensabamos que o primoxénito da primoxénita que podería estar reinando neste país se non fora pola anacrónica lei sálica (tan anacrónica como a monarquía, que ás veces hai que especificalo todo) estaba retirado da mala vida en Abu Dabi xunto ao seu querido avó, o ínclito volveu sorprendernos. Como? Pois aparecendo ás oito da mañá do domingo en Madrid, nun after desaloxado pola Policía por diversas cuestións: non era precisamente unha sauna (ou si, porque onde caben 99 entraron 229), por non falar da presenza de menores fumando cachimbas e consumindo alcohol e cocaína rosa. 

Alí estaba o rapazolo, esprimindo a tope os seus días de vacacións (?) en España. Hai quen o defende, por suposto. É novo e ten dereito a divertirse. A xoia da coroa. O mellor de cada casa. Case prefiro pagarlle os estudos ás fillas de Felipe, a razón duns 82.707 euros en total cada unha polos dous cursos. Ai, non, que estes cartos sairán dos petos dos seus esforzados proxenitores...

Comentarios