Blog | Non tes tu fe

Campionato de tópicos

La plantilla del Real Madrid celebra en el Santiago Bernabéu la Champions conseguida ante el Liverpool. VÍCTOR LERENA (EFE)
photo_camera La plantilla del Real Madrid celebra en el Santiago Bernabéu la Champions conseguida ante el Liverpool. VÍCTOR LERENA (EFE)

"COMO ESTÁ o PP esta mañá coa súa 14ª Copa de Europa", lin no Twitter este domingo. O primeiro que fixen non foi pensar en certo concelleiro popular, de corazón azulgrana, dándose por vencido trala enésima xesta do Real Madrid. O primeiro, porque non me fixara no emoji da retranca, foi pensar que este Xoán resumía nunha frase o que levaba escoitando desde doce horas antes: que para ser seareiro do equipo branco é imprescindible ser un señor de bigote, de dereitas tirando a facha, e a ser posible da meseta. O festival dos tópicos, pensei, lembrando a xente de todas as cores políticas e ideoloxías (mesmo xente do BNG, sacrilexio!) que se alegra polas victorias dos do Bernabéu.

 

O fútbol é emoción. Igual que eses namoramentos que non se explican desde o prisma da razón. O fútbol tamén é un negocio billonario, pero por moitos florentinos, xeques ou babecos pseudoxornalistas que enzoufen o amor por certas cores, segue a ser tan lícito ser seareiro das cores do equipo da túa vila, en quinta rexional, como do mellor clube do mundo. E aí a política, por moita tradición, estereotipo e tópico que haxa, non pinta nada.

Por iso eu sempre fun do Madrid, aínda que agora me emocione máis escoitar o himno (o novo, o de Jabois, non o das mocitas) que a enésima copa. Y nada más.

Comentarios