Blog | Non tes tu fe

Dereito a vida, seica

Pancarta con el lema 'Aborto legal' durante una manifestación en frente del Tribunal Supremo, en Washington. JORGE DASTIS (EFE)
photo_camera Pancarta co lema 'Aborto legal' durante unha manifestación fronte o Tribunal Supremo, en Washington. JORGE DASTIS (EFE)

CASE MEDIO século despois da sentenza do Tribunal Supremo de Estados Unidos (coñecida como o caso Roe contra Wade) que consagrou o dereito ao aborto como un dereito constitucional en todo o país, o mesmo tribunal vén de revocar a histórica decisión con cinco votos a favor, tres deles de xuíces nomeados por Donald Trump, o mesmo individuo ao que sinalan por ter pagado o aborto a mulleres coas que tivo relacións. Outro exemplo é a súa filla Ivanka, que agora se postula como unha firme pro vida. A hipocrisía de toda a vida.

Pero pro vida de quen? Esta dramática decisión deixa en mans dos propios estados o veredicto que debería estar nas mans (e só nas súas) de cada muller que debe enfrontarse á súa propia decisión. Algúns deles agardan coas fauces abertas e leis durmidas desde 1973 que poderían ter sido asinadas séculos antes. Porque quen confunde as células dun embarazo de menos de 14 semanas cun bebé (repoludo, por suposto) non pode presumir de ser pro vida cando non lle importa a saúde dos millóns de nenos pobres que hai en todo o país nin das mulleres que morrerán por non poder acceder a un aborto en condicións con embarazos xa non digo indesexados, senón froito de violacións ou incestos, ou ectópicos, ou inviables para a saúde do (futurible) feto.

Comentarios