Blog | Non tes tu fe

I believe in miracles

Iñigo Onieva, frente a la catedral de Santiago. INSTAGRAM (@ionieva)
photo_camera Iñigo Onieva, fronte á catedral de Santiago a mediados de decembro. INSTAGRAM (@ionieva)

Sucedeu. Anunciouno certo xornal e non tardou en confirmalo o BOE, perdón, a ¡Hola!, o boletín oficial / album de fotos persoal da familia Preysler que tivo que adiantar un día a súa exclusiva cando lle empezaban a pisar o fregado.

Si, hoxe toca falar delas. De Tamara e de Isabel. Ídolas máximas. Esas meigas que gardan a apócema secreta de como manternos pendentes de cada un dos seus movementos, sobre todo a nai, medio século xa. Bueno, a ti non, a ti non che interesa para nada a vida destas dúas señoras que nunca traballaron na vida, que viven do conto, como se non fora un arduo labor fabricar un relato intrigante, que atrapa durante décadas, con risas, bágoas, segredos, exclusivas, misterios e unha mansión con 16 cuartos de baño. Un relato que xa quixeran artellar os mellores novelistas, non miro para ninguén.

E agora Tamara, grazas a un milagre de Nadal -para que despois nos riamos das pelis de tarde, ollo-, aínda que non fora en Vermont, dálle unha oportunidade ao seu ex, tan arrepentido, despois de acompañala á Misa do Galo e, atención, despois de facer o Camiño de Santiago para redimirse e buscar o seu perdón. Será este o verdadeiro milagre do Xacobeo? Serán as flechas amarelas as do amor que cantaba Karina? Que caladiño o tiña Rueda.

Comentarios