Blog | Non tes tu fe

Nin saben nin lles importa

11 30 INAUGURACION del nuevo Gadis de la calle Benito Corbal D Pablo Louro delegado de GADISA retail en Pontevedra Dña Melisa Pagliaro directora de Marketing de GADISA retail D Jose Luis Fernandez Astray director de C
photo_camera Unha muller comproba os prezos do aceite nun supermercado, cando a inflación de marzo nos asustaba. Coitadas. J.C.

"Saben, señorías do PP, canto subiu un litro de aceite ou de leite?". preguntou este luns Ana Pontón no Hórreo. É posible que as "señorías" non o saiban, porque aínda que elas tamén comen, eses gastos sonlles aloumiños mentres a nós nos desgarran a carteira e corazón. Porque eu, que xusto tropecei con esta pregunta cando abrín o móbil para facer tempo na fila da caixa para pagar no supermercado, si o sei: o aceite, un 28%; o leite, un 25%. Non foi moita a espera, certo, a estas alturas de mes as ringleiras no súper esvaécense con rapidez.

Sabíao porque xusto antes me dixera miña nai o abraiada que quedara ao mirar os prezos: como a mesma botella de aceite de oliva pasara de custar 3,90 euros a pasar dos cinco en apenas unha semana. Sabíao porque a escalada no prezo do cartón de leite, sexa de marca marca -galega, iso si- ou de marca branca non se frea.

Aceite, leite, ovos, patacas, froita, verdura, carne, peixe... Todos os prezos de todos os produtos básicos  aumentan, dispáranse a uns niveis insoportables mentres os salarios non se moven o máis mínimo. Nin o máis mínimo. Pero a algunha "señoría", como Paula Prado, o único que lle molesta é que Pontón subira ao estrado cunha botella de aceite e outra de leite para facer "performances que non son necesarias". Lume.

Comentarios