Blog

Entre todos / Será cousa do demo?

Entre todos

Hai pouco tempo, unha pequena vieira que vivía nunha rocha, a media mañá, saíu da súa casa na cova, e viu unha cousa negra enriba do mar. Curiosa, quería inspeccionala, pero non chegaba, entón viu unha montaña, xusto ao lado da masa negra. Daquela gabeou ata o cume e ao chegar arriba puido comprobar que se trataba dunha mancha pegañenta que apestaba e, nada máis tocala, quedaba apegada nas súas cunchas. Nunca vira cousa igual no seu mar, e por iso axiña se deu conta de que corrían perigo ela e o mar enteiro.

A valente vieira asexou para ver de onde procedía aquilo e descubriu que saía dunha pequena fenda dun barco oxidado e vello. Rapidamente deu a voz de alarma e reuniu a todas as súas compañeiras. Entre todas buscaron, coa axuda dos peixes, anacos de pedras, restos de metais, cunchas, algas... Con todo ese material e, despois de moito traballo, conseguiron atoar o buraco.

En canto á mancha que aínda fl otaba na auga, empurrárona con todas as súas forzas cara a dentro dunha cova moi profunda. Pecharon a entrada cunha rocha moi grande e pesada.

As vieiras estaban derreadas, esfolaran as cunchas, tiñan pegadas negras... Os peixes tamén estaban esgotados e con feridas pero, aínda así, sorrían felices, porque entre todos conseguiran salvar o mar.

Lois Sanmartín Valiño (Ceip Froebel, de Pontevedra)

---------------------------------------------------------------------------------------


O libro de Nadima

Hai algún tempo fun cos meus pais facer unha ruta de sendeirismo. Non me lembro do nome do lugar, nin onde estaba. O que lembro moi ben é que era nunha montaña e que ía un frío que pelaba.

Cando estabamos preto dunha aldea pasou algo moi moi raro. Na beira do camiño atopamos dous coellos mortos e cheos de sangue. Foi algo arrepiante! Seguimos camiñando e, un pouco máis adiante... sorpresa! Encontramos varias galiñas coa cabeza partida. Foi espantoso! Eu estaba mortiña de medo. Non comprendiamos o que estaba a pasar nese lugar!

Decidimos baixar á aldea para tomar algo quente e tranquilizarnos. Entramos no único bar que por alí había. Contámoslle ao dono o que acababamos de ver.

—É cousa do demo, meus fillos! —dixo o señor.

—Semella cousa de meigas! —dixo unha señora que estaba a limpar—. Quen mata os animais polo pracer de matar?

Eu xa non podía máis e comecei a chorar. Aquilo era máis do que eu podía soportar!

Nun curruncho da barra estaba un vello fumando. Fumaba sen facer caso de nada. Tiña pinta dun xefe indio ou dun xamán. As mi- ñas bágoas parecían incomodalo. De súpeto, miroume cunha cara tan seria que daba medo.

—Non chores, rapaza! —dixo con voz rouca—. Isto non é cousa do demo, nin é cousa de meigas. Isto éche cousa dunha xeneta!

—Unha muller a cabalo, señor? —pregunteille amodiño. Por que fai iso esa señora?

O xamán soltou unha gargallada e dixo:

—Non muller, non! Non sabes o que é unha xeneta? Pois investiga, investiga....

Jimena Siaba Crespo (CEP Campolongo, de Pontevedra)

Comentarios