lunes. 19.04.2021 |
El tiempo
lunes. 19.04.2021
El tiempo

Nestes tempos de andar ás présas, palabras cociñadas devagar.

Marzo nos xardíns de Lourizán

O Centro de Investigacións Forestais recibe ó ano máis de 11.000 visitantes atraídos pola riqueza do seu parque botánico

Gon Camelias no Pazo de Lourizan, martes, 23 mar · 13:30–14:30MARZO é sen dúbida un dos mellores momentos para adentrarse polos corredores naturais do Centro de Investigación Forestal de Lourizán. Os seus xardíns están incluídos na Ruta da Camelia e constitúen un auténtico tesouro botánico que atrae a arredor de 11.000 visitantes cada ano.

"La época de floración es un atractivo pero ahora empieza el jardín en su esplendor, con los cerezos en flor y las plantas arbóreas y arbustivas que florecen antes de echar hoja", explica o director do CIF Enrique Chamorro. "La camelia es una flor más de invierno, a partir de ahora irá decreciendo, están cayendo y ofrecen un espectáculo, es un momento estupendo para venir por aquí", engade en relación aos solos alfombrados como pétalos de cores.

Así, as portas do CIF de Lourizán están abertas para que os visitantes que o desexen percorran os recunchos naturais que acubilla este lugar creado no ano 1949 baixo a denominación de Arboreto cun obxectivo de investigación e experimentación e, ao mesmo tempo, cunha finalidade didáctica e recreativa.

Camelias no Pazo de Lourizán

A finca, que foi escenario de moitas reportaxes de voda e incluso rodaxes de películas, conta 52 hectáreas e mira para a ría e a illa de Tambo. A súa actual estrutura comprende elementos de grande interese como o hórreo e a aira procedentes do seu período como Granxa da Serra; o pazo, o invernadoiro e os xardíns construídos por Montero Ríos entre finais do século XIX e principios do XX, cunha importante influencia modernista; e, finalmente, edificacións e plantacións ligadas ó seu uso actual como centro de investigación. Compoñentes destacados do Xardín de Montero Ríos son O Invernadoiro, A Mesa de Pedra, O Parque das Rías e A Cova dos Espellos.

"En este momento de pandemia se realizan visitas solicitadas por grupos a través de nuestra página web www.lourizanxunta.gal, otras veces vienen con su propia guía", señala Chamorro, que lembra ademais que a finca permanece aberta ó público de oito da mañá ó atardecer pola semana e a partires das dez da mañá as fins de semana. Sobre a beleza paisaxística e ornamental dos seus xardíns, Enrique Chamorro chama a atención sobre a riqueza e variedade botánica que contempla. "Es uno de los principales jardines botánicos de España, tiene más de 850 especies diferentes, muchas de ellas singulares y colecciones que son muy interesantes para el mundo científico", conclúe.

Marzo nos xardíns de Lourizán
Comentarios
ç