Blog | A lume maino

Todas

Mujeres y niñas preparando carteles para la manifestación del pasado 8-M. MARC CARNICA | EUROPA PRESS
photo_camera Mujeres y niñas preparando carteles para la manifestación del pasado 8-M. MARC CARNICA | EUROPA PRESS

Activistas, deslinguadas, descaradas. Sensatas, normativas, tranquilas. Nais, avoas ou fillas. Sabias e aprendices. Amantes da música, da beleza, das palabras. Capitanas. Magas e piratas. Mulleres que opinan, perigosas, precisas. Coidadoras, exploradoras, conquistadoras de todos os espazos. Faladoiras e caladas. Novas. Centenarias. Científicas, escritoras, premios Nobel. Emprendedoras e paradas. Futuras astronautas. Mulleres de récord, corredoras de fondo, alpinistas. Con e sen medalla. Contadoras de historias, artistas e veladoras de soños. Mulleres perdidas. Triunfadoras e derrotadas. Afoutas. Mulleres voadoras. Empoderadas. Esquecidas. Enfermas e sás. Soas e acompañadas. Seguras e asustadas. Heroínas. De esquerdas e de dereitas. Líderes. Estudantes. Voluntarias. Tecedoras de redes. Do mar e da terra. Mulleres que dan vida. Mulleres que contan, que ensinan, que deciden, que abrazan. Mulleres que bailan. Feridas. Referentes. Que alzan a voz ou avanzan silandeiras. Pensadoras. As que caen e volven poñerse en pé. As que dubidan. Irmás paxaro. Chave. Espello. Abeiro. Luz.

Mulleres diversas, encontradas, diferentes. Tantas veces invisibles. Falsas impostoras. Camiñantes a prol da igualdade. Inconformistas. Imprescindibles. E xuntas imparables.

Comentarios