Blog | III Certame de relato curto

'Ficción ou realidade', por Alba Romero Fernández

Xa era noite e o aire xélido do norte respirábase calando os ósos. O vento movíame o pelo acariñándome a cara como pinceladas dun pincel nun cadro. Case non se vía naquela aldea sen farois, sorte que a lúa facía de farol na noite. 

As luces das pequenas cabanas de madeira estaban apagadas. Todo era silencio e serenidade, agás por uns pasos… Uns pasos que non eran os meus. Cada vez escoitaba máis cerca eses sons na miña orella. Nerviosa, acelerei o paso, traguei cuspe con dificultade. Sentín un nó na gorxa. As pisadas achegábanse e, de súpeto, eu estaba correndo. Non podía frear aínda que quixese. 

Ao cabo, parei en seco. Ao lonxe mirei unha gabardina negra que viña lentamente cara a min. Tremíanme as mans… Non tiña opción! Cando só estaba a uns pasos de min, esvaeceuse deixando caer toda a roupa ao chan. Quedei tranquila ata que… sentín unha man que se pousou no ombreiro esquerdo. Agora non podía facer nada. Tiña as mans agarradas, unha gota de suor fría escorregoume pola testa e fun caendo a cámara lenta nun pozo sen fondo ata quedar inconsciente.

Ao día seguinte espertei no medio da rúa rodeada da xente da aldea, que me deixaba sen alento pola súa proximidade.

Intentei lembrar o acontecido, pero só me viña á memoria aquela persecución. Sentíame cansa. 

Fora o meu cansazo o que me xogara unha mala pasada ou fora realidade?

Alba Romero Fernández

6.º curso, CEIP San Tomé (Cambados)

Comentarios