Opinión

2016, cando se estragaron os soños

COMA SEMPRE por estas datas, as familias reúnense para celebrar o Nadal e é entón cando máis se estraña aos que faltan. Neste terrible ano que se acaba perdemos a Ángel Vaqueiro e Elías Ferreiro, dous queridos compañeiros, dous amigos. A morte arrebatóunolos rápido, sen apenas avisar. Todos son bos momentos para arroupar á súa familia e achegados, claro, pero estes días parece que un pouco máis, non si? Este ano tamén estragou un soño coñecido co nome de Europa: Brexit, desigualdade en progreso, a crise que non cesa, avance electoral da extrema dereita, auxe dos populismos, vitoria de Trump nos USA, etc. A consecuencia de tanta intolerancia en Europa queda reflectida no decrépito Mare Nostrum, convertido no maior cemiterio da historia. Si, o mar pode ocultar os corpos de tantas persoas que só buscaban un futuro mellor, pero xamais poderá enmascarar a nosa vergoña. Mentras en Occidente montamos o noso belén de Nadal, pronto esquecemos que esa parella eran uns refuxiados de Oriente que buscaban desesperadamente un abrigo para o seu pícaro, un tal... Xesús de Nazaret. Entón, a rañala 2016!

Comentarios