A voltas na Alameda

Con motivo das Festas da Peregrina, a Alameda e a súa contorna acolle até o luns 19 unha oferta de atraccións, casetas de feira, postos de comida e regalos destinados a todos os públicos
Atracciones de la Alameda. JAVIER CERVERA
photo_camera Atraccións da Alameda. JAVIER CERVERA

Alleos aos anuncios de 'volta ao cole' que comezan a asexar, a rapazada pontevedresa disfruta estes días do que lle queda de vacacións nas atraccións das Festas da Peregrina, que até o luns 19 poboarán a Alameda e os seus arredores. A oferta, que comprende máis de 20 formatos diferentes, inclúe propostas para todos os públicos.

Javi 19.00 horas. REPOR ATRACCIONES. VA CECILIA Fotos de las atracciones de la Alameda para niños, mayores y tómbolas. Va Cecilia Doforno quedar con ella en el DiarioEntre os máis pequenos triunfan o 'Torito Bacilón', onde poñer a proba o equilibrio, o 'Michelin', no que sentirse por uns minutos como Marc Márquez ou Valentino Rossi, ou o 'Jumpy', para mostrar os dotes acrobáticos. Amais, ao redor de calquera destas atraccións, situadas case exclusivamente nas inmediacións da Alameda, abundan os pais dos cativos que, móbil en man, buscan capturar a mellor instantánea do bo rato que están a pasar os seus fillos.

Pero non todo van ser os meniños. Novos e xa non tan novos dispoñen tamén de atraccións máis 'adultas' ao longo da rúa da Raíña Vitoria. O que primeiro chama a atención é a noria, de gran atractivo de cara a conseguir as mellores vistas para despois presumir delas nas redes sociais. Con todo, son os míticos coches de choque e 'Saltamontes' os que maior afluencia rexistran durante as horas centrais da tarde. Será cousa da nostalxia.

Para os que busquen unha dose de adrenalina, a resposta está no 'Boomerang', que pon a todos patas arriba. Porén, os que non sexan de emocións fortes poden pasar o tempo nas casetas, intentando gañar algún que outro premio, ben no bingo ou poñendo a proba o bo tino.

Por se espertase o apetito, as patacas fritidas e demais variedade de manxares de feira están dispoñíbeis nos diferentes postos de comida. Con todo, a estes últimos é máis recomendábel facerlles unha visita despois -e non antes- de pasar polas atraccións, por iso de non andar tentando á sorte estomacal. Por último, unha chea de postos cos produtos máis variados agardan por se quedase algo de solto no peto dos pontevedreses.

Comentarios