A III Feira Profesional de Maquinaria, Agricultura e Gandería, Abanca Cimag-GandAgro 2019 de Silleda, que se celebrará do 21 ao 23 de febreiro no recinto Feira Internacional de Galicia ABANCA ten insctos 29 exemplares de vacún frisón de alta calidade xenética da provincia de Pontevedra.
Os animais pertencen a explotacións de cinco localidades da provincia, concretamente de Lalín, Rodeiro, Vila de Cruces, A Estrada e Agolada.
Para estes concursos rexístranse un total de 164 exemplares de distintos puntos de Galicia, Asturias, Cantabria, Cataluña e Portugal. En canto ao XXVIII Concurso Autonómico da Raza Frisoa FEFRIGA'19, ao que concorrerán os exemplares máis destacados en Galicia, conta con 84 reses. Así, ademais dos exemplares pontevedresas, están inscritos 24 de A Coruña e 31 de Lugo.
Pola súa banda, o XXXV Open Internacional da Raza Frisoa GandAgro´19 converterase unha vez máis en punto de encontro da mellor cabana bovina. Conta, ademais dos 84 exemplares galegos do Concurso Autonómico, con outros 37 de Cantabria, 10 de Asturias, 14 de Cataluña e 19 de Portugal.
Premios
Os galardóns que se concederán nesta edición dos concursos serán Campioa de Galicia e Campioa Internacional nas categorías de becerra, xovenca, vaca xoven, vaca intermedia e vaca adulta; e tamén Gran Campioa de Galicia e Gran Campioa Internacional nas de xovenca e vaca. Ademais recoñecerase ao Mellor Criador de Galicia, Mellor Criador Internacional e Mellor Gandería de Nova Participación. Como novidade, nesta edición premiarase por primeira vez ao Mellor Criador de Xovencas tanto no Autonómico como no Internacional.