Abandona seis gatos nunha protectora vestido como un atracador 

As cámaras de seguridade gravaron o momento

O home vestido de atracador deixa os gatos ás portas da protectora. TVG (Coirós)
photo_camera O home vestido de atracador deixa os gatos ás portas da protectora. TVG

Ataviado cun pasamontañas e mono azul, un home abandonaba seis gatos ás portas da protectora Gatocan, en Coirós.  As cámaras de seguridade do recinto gravaron o momento.

"Máis que enfadar, xa te supera que alguén chegue a vestirse como se fora facer un atraco a un banco para vir deixar uns gatos", comentaba unha das colaboradoras da protectora á Televisión de Galicia.

Os gatos tiñan idades moi diversas, desde os 15 meses ata os seis anos.