Imprimir

Aberto o periodo de preinscrición para participar nas Escolas Deportivas poienses

Redacción | 19 de septiembre de 2020

Clausura dunha edición anterior das escolas deportivas de Poio. ARQUIVO
Clausura dunha edición anterior das escolas deportivas de Poio. ARQUIVO
Marga Caldas explicou o protocolo que se adoptará nunha reunión telemática con representantes das entidades implicadas

O Concello de Poio e a súa área de Deportes aposta por recuperar a actividade deportiva de base na maior brevidade posible. Así o comunicou a edil Marga Caldas nun encontro telemático mantido o xoves con responsables das principais entidades de deporte de base do municipio.

Tatarase dunha volta respectando todas as medidas de seguridade necesarias para garantir o benestar dos usuarios e usuarias das diferentes modalidades, aclarou a concelleira.

Un dos acordos desa cita foi o de abrir un período de preinscrición, para poder empezar as actividades nas vindeiras semanas. "Gustaríanos comezar entre mediados de outubro e principios de novembro. Nós traballamos para iso, pero sempre tendo en conta os protocolos que establezan as diferentes federacións e a Xunta", sinalou a edil do BNG, que lembrou que a Administración autonómica vén de determinar que os participantes de modalidades que impliquen contacto físico deberán usar máscara.

INICIO POR FASES. Na reunión determinouse que o inicio da tempada sexa progresivo. "Non comezarán todos os equipos ao mesmo tempo", aclarou, para engadir que unha das ideas que se baralla é que os primeiros en comezar sexan os equipos xuvenís seguidos dos cadetes, infantís, alevíns, benxamíns e categorías de cativos, que se irían sumando paulatinamente, segundo pasen as semanas, e sempre que no empeore a situación sanitaria.

"Estamos pendentes de como se está desenvolvendo o inicio do curso, porque aí os cativos e cativas xa están adquirindo e interiorizando os hábitos de protección", indicou a edil, que tamén explicou os protocolos para a posta en marcha, como a priorización das prazas para os inscritos na temporada pasada, o desconto do 30% aos participantes (que non repercutirá na merma da subvención ás entidades) e outras medidas.

Puede ver este artículo en la siguitente dirección /articulo/comarca-de-pontevedra/aberto-periodo-preinscricion-participar-nas-escolas-deportivas-poienses/202009191615341104522.html


© 2020 Diario de Pontevedra

Lepanto 5, Pontevedra

Tlfno: 986 011 100

(Grupo El Progreso)