Imprimir

Abren unha vía ciclista entre Pontevedra e Portugal

Redacción | 21 de octubre de 2020

Autoridades e ciclistas nun dos roteiros que unen Galicia e Portugal.
Autoridades e ciclistas nun dos roteiros que unen Galicia e Portugal.

O AECT Rio Minho presentou este martes o proxecto piloto para que as Eurocidades do Miño dispoñan dun servizo de préstamo de bicicletas eléctricas que permita á cidadanía cruzar libremente a un lado e outro da fronteira. Segundo explicou o deputado de Cooperación Transfronteiriza Uxío Benítez, trátase dunha iniciativa de bike sharing pioneira na fronteira ibérica para potenciar a mobilidade suave, ou o que é o mesmo, o uso alternativo aos vehículos a motor.

Segundo explicou Benítez, este sistema de xestión compartida para bicicletas eléctricas centrarase nos seis núcleos urbanos de elevada mobilidade que son as tres eurocidades do Miño, e estará ligado á rede transfronteiriza de rutas, sendas e ecopistas do río Miño transfronteirizo.

O deputado subliñou que o servizo ten un atractivo non soamente para a veciñanza galega e portuguesa, se non para as miles de persoas visitantes que percorren as vilas transfronteirizas e as sendas fluviais do Miño, moi transitadas xa a día de hoxe por bicicletas, tal e como se comprobou na propia presentación. Lembrou que, de feito, ademais da mobilidade sustentable, outro dos obxectivos estratéxicos do AECT é a promoción do territorio do rio Minho transfronteirizo e a súa marca Rio Minho para atraer máis turismo.

Benítez aproveitou para facer unha reflexión sobre os Fondos de Recuperación Económica da UE e destacou que o servizo que encaixa na Estratexia 2030.

Puede ver este artículo en la siguitente dirección /articulo/pontevedra/abren-via-transito-ciclista-pontevedra-portugal/202010211156281109004.html


© 2021 Diario de Pontevedra

Lepanto 5, Pontevedra

Tlfno: 986 011 100

(Grupo El Progreso)