Pontevedra

Globos violetas contra a violencia machista no campus de Pontevedra

Alumnado, profesorado e persoal de administración e servizos do campus pontevedrés congregouse este mércores ás portas da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte para amosar a súa repulsa e rexeitamento á violencia contra as mulleres, nun acto que pecharon alzando no aire unha morea de globos violetas, a cor do feminismo. Dirixido a dar voz ao estudantado no rexeitamento a esta lacra social, esta mobilización partiu da iniciativa dun grupo de estudantes de Ciencias Sociais e da Comunicación, que no marco dunha materia do grao en Publicidade e Relacións Públicas tiñan que abordar a mobilización social. GONZALO GARCÍA 

Comentarios