Adrián León, sexta renovación no Pontevedra CF

Tras o anuncio de Álex González chega o do cántabro

Adrián León y Mateo disputan un balón en el campo de O Vao. RAFA FARIÑA
photo_camera Adrián León disputa un balón aéreo no campo do Vao. RAFA FARIÑA

O Pontevedra Club de Fútbol chegou a un acordo con Adrián León para prolongar o contrato durante unha temporada máis.

O centrocampista cántabro vestirá a elástica granate por segundo curso.

León é o sexto futbolista do cadro pontevedrés que confirma a súa continuidade no club, despois de Mouriño, Álex Fernández, Edu Sousa, David Castro e Álex González.

Comentarios