Anair Lomba: ''Estaré en Balaídos animando al Celta''

P ¿Un sinónimo de Galicia?
R Paz, tranquilidade, fogar.

P ¿Que quería ser de pequena?
R Sempre quixen ser futbolista.

P ¿Unha comida?
R Lentellas. ¡Se son da avoa mellor!

P ¿Unha canción?
R Sobreviviré, de Mónica Naranjo.

P ¿E un libro?
R Jugar con el corazón, de Xesco Espar.

P ¿Un lugar para perderse?
R A Guarda.

P ¿Un futbolista de referencia?
R Guardiola ou Marta.

P ¿Como ve o nivel do fútbol feminino en Galicia?

R Medrou nos últimos anos, pero para subir máis necesita un equipo en 1ª. A materia prima está, xa que algunhas das mellores xogadoras españolas son galegas.

P O Olivo quedou preto do ascenso este ano. ¿Vai seguir no club?
R En principio penso en quedar no Olivo e intentar ese ascenso, aínda que non pecho ningunha porta.

P ¿Quen cre que se salvará esta fin de semana: Celta ou Dépor?
R Espero e desexo que se salve o Celta. Estarei en Balaídos animando e agardo celebrar a permanencia.

Anair Lomba Álvarez
Nada na Guarda en 1989,é unha das dianteiras máis destacadas do fútbol galego

Marcou 25 goles este curso en Segunda co Olivo de Vigo, club co que quedou eliminada na fase de ascenso tras caer ante o Girona. En Primeira, hai dúas tempadas, fixo 15 tantos

É afeccionada do Barcelona e de nena estivo formándose nas súas categorías inferiores

Comentarios