"Facer o Camiño axuda a atoparse a un mesmo e a poñer cor na vida"

O Fuciño do Porco, no Vicedo, é un dos escenarios da gravación do videoclip do novo sinxelo da cantante Andrea Pousa, que foi estreado mundialmente en México. A ruta xacobea é a protagonista desta canción, que é a segunda do seu novo disco, titulado Retorno
Andrea Pousa, artista de Tomiño. EP
photo_camera Andrea Pousa, artista de Tomiño. EP

Despois do éxito do primeiro sinxelo, Axendados, Andrea Pousa presenta Camiñares, o segundo sinxelo do seu novo disco (Retorno). A canción gravada en varias localizacións galegas segue unha liña moito máis modernista, máis empoderada e con sons vangardistas, que marcará un antes e un despois na traxectoria da artista.

Que representa esta canción?
O camiño hacia o interior dun, para poder reconciliarse contigo mesmo e poder así liberarte coñecendo o teu verdadeiro ser interno, ao mesmo tempo que emprendes o Camiño de Santiago.

En que se inspirou para compoñela?
Todos pasamos por etapas grises, nas que os amigos ou familia, farán que vexas a luz,impulsándote a conseguir os teus propios logros.

Como galega que son gústame recomendar o Camiño para descubrir o mellor da nosa identidade e tamén da nosa xente

Por que a estrea do videoclip foi en México?
O Camiño o fan moitas persoas de diferentes nacionalidades, incluida México. É unha forma de internacionalizar o Camiño en forma de canción. Por outra parte, quedei prendada de México, da cultura azteca, das Pirámides do Sol e da Lúa, dos cores vivos e cheos de vida, da frescura e alegría da súa xente, do seu arte, da súa cultura en xeral e da súa enerxía…e toda esta inspiración trato de darlle corpo nos meus traballos.

Que significa o retrouso?
Cada vez máis preto de min, representa que estou no bo facer interno; Cada vez máis preto de ti, representa que estou cada vez máis cerca da luz; Santiago cara a ti vou, é a meta inicial onde culminará esta etapa de reconciliación.

Cómo sería o camiño ideal?
Comezar o Camiño só e a medida que te vas atopando interiormente, éncheste de luz e o propio destino encárgase de transformar o Camiño en cor. Atoparaste con sombras e con luces que ditaminarán o sendeiro, aparecerán persoas sen necesidade de buscalas que aportarán experiencias aos teus camiñares. Un camiño onde se estará máis preto dun e máis perto de ti. Ata que a etapa finaliza como culmen en Santiago. Meta inicial pero, xa nada será coma antes, nada vai semellar o que foi, todo cambiou, de cor. 

Todos vivimos etapas grises nas que a familia ou amigos fan que vexas a luz e te impulsan a conseguir os teus logros

Cal é a finalidade da mensaxe da canción?
Achegarse a un mesmo a medida que emprendes o Camiño que te encherá de vida, experiencias, vivenzas, persoas… que xamáis esquecerás.

O vídeo comeza cunha persoa triste, quen é?
Un amigo que está nunha etapa gris, a quen lle quero axudar, a que atope unha saída ao abismo no que está metido.

Polo visto a parte de axudalo interiormente, recoméndalle facer o Camiño de Santiago?
Sí, como galega que son, gústame recomendar o Camiño de Santiago como un percorrido interno e intenso no que, ao mesmo tempo percórrense sendas de prados e carballos, con pobos e cidades únicas, que che farán descubrir o mellor da nosa identidade, a nosa xente.

O videoclip representa unha vivenza que podería ser a de calquera persoa que emprende o Camiño co afán de atoparse...
Sí, esta persoa comeza o Camiño, e pouco a pouco, váiselle devolvendo a cor, con explosións de polvos de cores, pisadas polo camiño que pouco a pouco van marcando máis e máis. A medida que a canción avanza, vaise atopando con diferentes persoas de varias nacionalidades polo camiño que lle acompañan, todos eles enchéndose de cor, metafóricamente atopándose a sí mesmos e saíndo desa vida gris que vivían anteriormente. Ata que no final do video, o grupo de xente chega a Santiago, á catedral cheos de cor e felices, abrazándose e celebrando que voltan a ser eles mesmos, e que realmente, é grazas ao Camiño, que a cor chegou as súas vidas.

'Axendados' foi a antesala deste single chamado 'Camiñares' que desembocará noutro que estrearei en decembro para completar a triloxía meiga

No videoclip aparece un personaxe cheo de luz e cor, que representa?
É unha forma de personificar a maxia dos bosques na ruta. Señais que te farán pensar e recapacitar durante o teu percorrido. Por outra banda, Galicia é unha terra meiga, cun carácter e sensibilidade especial, difícil de atopar noutro lado.

Onde foi rodado?
En Fuciño do Porco (O Vicedo), Ponte Maceira (Negreira), Muíños de Zamáns (Vigo), Praza do Obradoiro e Monte do Gozo (Santiago de Compostela).

Axendados foi o primeiro sinxelo. Tivo moito éxito?
Sí, a verdade que o feedback recollido ata agora ten sido moi bo. Axendados foi a antesala de Camiñares e este desembocará noutro traballo que será estreado en decembro, que pechará o ciclo desta triloxía meiga, como eu lle chamo.

Comentarios