Antón Sánchez estará afastado un tempo da primeira liña política por unha doenza

O portavoz nacional de Anova e deputado de En Marea asegura que está "excelentemente atendido" polos profesionais de Cardioloxía do CHUS

Antón Sánchez. AEP
photo_camera Antón Sánchez. AEP

Antón Sánchez, portavoz nacional de Anova e deputado de En Marea no Parlamento galego, informou este xoves a través da súa conta de Twitter de que estará un tempo afastado da primeira liña política por un problema de corazón.

"Unha pequena dor de moas do corazón vaime ter unhas semanas de descanso forzoso", explicaba o deputado de En Marea, quen informaba de que se atopa "excelentemente atendido" polos profesionais do servizo de Cardioloxía do CHUS. 

Sánchez, quen recibiu numerosas mensaxes de ánimo a través das redes sociais, agradeceu a "preocupación" de aqueles que se lle transmitiron os seus mellores desexos. 

Comentarios