Apertura do prazo de solicitudes para a venda de flores por Todos os Santos

Os interesados deberán persoarse nas dependencias da Administración do Mercado de Abastos
Centros de flores para difuntos. ADP
photo_camera Centros de flores para difuntos. ADP

A Concellería de Promoción Económica e Turismo, dirixida por Yoya Blanco, abrirá este martes o prazo de presentación de solicitudes para instalar postos de venda de flores no tradicional mercadiño da festividade de Tódolos Santos, que acollerá a Praza da Ferrería entre os días 31 de outubro e 1 de novembro. 

"Os interesados deberán persoarse nas dependencias da Administración do Mercado de Abastos, situadas no segundo andar do edificio da rúa Serra, en horario de 9.00 a 14.00 horas ao obxecto de retirar a correspondente documentación para a presentación de instancias", explicou Blanco. 

Blanco sinala que o mercadiño de flores da Ferrería "forma parte da idiosincrasia dos pontevedreses na festividade de Tódolos Santos" e fai fincapé no elevado número de solicitudes que se reciben para a montaxe de postos. O horario de acceso dos vendedores á Praza para montaxe de postos o día 31 de outubro será de 2.00 a 10.00 horas. En paralelo, o Concello tamén realizou investimentos para garantir que os camposantos do municipio presenten as súas mellores galas durante esa fin de semana. 

Comentarios