"Apoieime no PP e abrinme ó diálogo con Rafa Cuíña"

Falamos con Juan José Cruz, candidato de CCD Lalín

Juan José Cruz. CEDIDA
photo_camera Juan José Cruz. CEDIDA

En 2015 concorreu con Compromiso por Lalín, pasou a ser edil non adscrito e agora lidera a lista de Coalición de Centro Democrático (CCD). Cal é a filosofía do seu novo proxecto?
Buscabamos que nos deixaran traballar dende Lalín sen ningún tipo de imposición. Intentámolo con outros partidos, pero son moi piramidais e non nos deixaron. Esta coalición de centro prestouse a darnos autonomía. Dámoslle moita importancia a prometer e cumplir.

Que prometen, entón?
Un plan de mantemento de pistas, para as que imos duplicar o investimento. Tamén unha rede de calor dende o Lalín Arena ó Consistorio e pretendemos facer unha piscifactoría con troita autóctona para repoboar, así como un criadeiro cinexético. En Servizos Sociais queremos levar un control exahustivo dos fondos e promoveremos unha medida de acompañamento ós maiores que vaian ós centros hospitalarios. Dende o punto de vista da Igualdade, apoiaremos ós colectivos LGTBI dentro do mesmo día da Feira do Cocido. E poñeremos ó funcionariado a captar fondos e axudas que poidan vir doutras administracións.

Vostede amósase máis afín ás propostas do PP que ás de ningunha outra das formacións do Goberno do que formou parte. Como explica este cambio?
Non se cumpriu co que se dixo. Non podo pasar por alto que se pretenda ningunear ás persoas e que se pedise a miña dimisión ó mes de entrar no Concello. É certo que me apoiei no PP e o PP en min. Fíxenlle moito traballo sucio ó PP, pero tamén me abrín ó diálogo con Rafael Cuíña, pero el non quixo.

Comentarios