Un pelotón da Brilat se atopa de manobras en Ponte Caldelas, onde chegou na noite deste mércores para pernoitar no Pavillón de Deportes. Alí foron recibidos polo alcalde, Andrés Díaz, quen saudou ao tenente coronel Vicente González Martín, ao resto de mandos e á tropa.
O pelotón saíu ás 08.30 horas deste xoves para unha marcha a pé polas beiras do río Verdugo ata Ponte Sampaio, percorrendo así os escenarios naturais nos que hai 210 anos produciuse a batalla contra as tropas de Napoleón.
Ademais, a Brilat, xunto coa Garda Civil, ofrecerá en Ponte Caldelas unha exhibición de material, con simulacro de actuación nunha crisis terrorista, en datas aínda por determinar.
Esta exhibición, que estaba prevista para este mércores, foi aprazada polas malas condicións meteorolóxicas.