Aprobada a licitación do novo local social dos Campos por 536.000 euros

O prazo de execución é de cinco meses

Antigua escuela de Os Campos, en Mourente. DAVID FREIRE
photo_camera Antiga escola dos Campos, en Mourente. DAVID FREIRE

A xunta de goberno de Pontevedra aprobou este luns a licitación do local social dos Campos, na parroquia de Mourente, que que se acondicionará nas dependencias da antiga escola unitaria por un prezo de 536.423,53 euros e un prazo de execución de cinco meses. 

O edificio, segundo informou o Concello, son dúas estruturas distintas e construídas a distintas alturas: a casa dos mestres e a escola, coas que se fará unha gran aula. Estará separada por portas abatibles e un corredor polo medio que servirá de conexión entre ambos lados do edificio.  No caso de ser preciso retíranse as portas e créase unha gran aula cunha cabida para unas 80 persoas sentadas ou 120 de pé, ou ben dúas aulas independentes.

Tamén haberá unha dotación de oficinas e almacén, e farase un módulo de baños fóra do edificio pero conectado con este cun corredor acristalado. Finalmente, o edificio complétase cun bancada exterior para facer actividades ao aire libre. 

O inmoble ten unha superficie construída de 263 metros cadrados e a súa rehabilitación levará aparellada unha actuación na contorna. 

Comentarios