'O que arde' aspira a coarse entre os finalistas en 15 categorías dos Goya

Os nomeados daranse a coñecer o próximo 2 de decembro 
Oliver Laxe y los actores de 'O que arde' en Navia de Suarna. ELISEO TRIGO
photo_camera Oliver Laxe y los actores de 'O que arde' en Navia de Suarna. ELISEO TRIGO

A película O que arde, do galego Oliver Laxe, aspira a coarse entre os finalistas dos Premios Goya nun total de 15 categorías, entre elas, Mellor Película, Dirección e actor relevación tanto masculino como feminino. 

A Academia, que dará a coñecer o luns 2 de decembro os finalistas de cada categoría, publicou este mércores a relación das 146 películas que aspiran a facerse cunha figura na 34ª edición dos Premios Goya. 

O que arde, que pasou xa os 50.000 espectadores nas súas catro primeiras semanas en carteleira, figura entre os seleccionados en 15 categorías.  Ademais de Mellor Película, Óliver Laxe podería coarse coa súa terceira longametraxe entre os nomeados a Mellor Dirección e Mellor Guión Orixinal, neste último apartado, en conxunto con Santiago Fillol. 

Os protagonistas do filme Amador Arias e Benedicta Sánchez optan, pola súa banda, ás categorías de actor revelación. Tamén están seleccionados Inazio Abrao e Elena Fernández para os premios de Mellor actor e actriz de repartición, respectivamente. 

Así mesmo, a cinta opta a outro oito categorías: dirección de produción (Analía G. Alonso, Guadalupe Balaguer Trelles e Koldo Zuazua), Dirección de fotografía (Mauro Herce), Montaxe(Cristóbal Fernández), Dirección artística (Curru Garabal, Samuel Lema), Deseño de vestiario (Nadia Acimi), Maquillaxe e barbaría (Raquel Fidalgo, Nadia Acimi), Son (Amanda Villavieja, Sérgio Silva, Xavi Souto, David Machado) e Efectos especiais (Raúl Romanillos, Benxamín Ageorges).

Premio en Cannes e éxito de público
Esta obra, rodada en galego e distribuída por Númax, logrou facerse co premio do xurado na sección Un certain regard do Festival Internacional de Cinema de Cannes, con boas sensacións e unha boa acollida por parte do público após a súa estrea. 

O que arde conta a historia de Amador (Amador Arias), un home que regresa ao fogar familiar, nunha aldea perdida nas montañas de Galicia, após cumprir condena por unha acusación de piromanía

De volta a casa, Amador convive coa súa nai, Benedicta (Benedicta Sánchez), con quen mantén un vínculo férreo e silente, e así durante a historia nai e fillo intercambian apenas unas poucas frases, pero todas elas con mensaxes esenciais. 

O que arde é unha melodrama sobre o lume e emocións intensas, e busca ser un retrato extremo dun rural español en vías de desaparición, do seu carácter rudo e tenro á vez, excesivo e sereno por igual; un retrato da súa desmesurada e paradoxal beleza, unha beleza que non sabe de equilibrios. 

A vida de nai e fillo transcorre pausadamente ao ritmo bucólico do campo, ata que unha noite un incendio arrasa a comarca.

Comentarios