"Arturo Valls é moi majo e divertido, é tal cal"

A burelesa María Jesús Rivas convertiuse este martes na gañadora do concurso 'Ahora caigo', levándose 17.000 euros
María Jesús Rivas, en 'Ahora Caigo'
photo_camera María Jesús Rivas, en 'Ahora Caigo'

A burelesa María Jesús Rivas converteuse este martes na gañadora do concurso Ahora caigo, que emite Antena 3 cada tarde, levando para A Mariña 17.000 xugosos euros. Unha cantidade que empregará para cumprir un dos seus soños, "viaxar a Asia, quizais a Xapón, aínda que para iso antes terei que sobornar á miña irmá", di entre risos.

Con ela, a súa irmá Mar, esta rapaza de 30 anos rexenta o Hotel Palacio de Cristal de Burela, un establecemento familiar moi coñecido na zona e ao que esta nova xeración quere darlle nova vida coa futura inauguración dun apartahotel no porto da localidade costeira, adianta Rivas.

É María Jesús, ou Chus, unha rapaza de mundo. Saíu a estudar dirección hoteleira en Santiago e tardou dez anos en voltar para casa. Chicago, Florida, Marbella ou Madrid foron algúns dos lugares que habitou e donde adquiriu experencia no seu campo.

E de volta, este ano, animada polo seu pai, quixo probar sorte con iso da tele. Tamén "porque a min Arturo Valls me encanta xa desde pequena, cando facía o Caiga quien caiga con Wyoming", explica. "Paréceme moi divertido e na realidade é tal cal, él é así, moi paiaso, non se corta, é moi majo".

Según narra, todo foi "moi rápido". O pasado 31 de xaneiro tivo o seu primeiro cásting: 50 preguntas de cultura xeral e unha proba de cámara na que ata hai que contar un chiste.

"As dúas semanas chamáronme para participar, e tiven a sorte de saír como concursante central, que tes máis oportunidades".

Sobre o trato recibido non ten máis que loubanzas. "Pagáncho todo, ensinánche cómo funciona o programa por dentro...".

Sobre o seu paso deste martes por Ahora caigo cre que tivo moita sorte pero que tamén soubo xogar e arriscar. Lamenta ter errado na resposta de Daddy Yankee, lembra ríndose, e tamén arriscar un comodín. Cousas do azar, a súa contricante fallou en dúas ocasións, dándolle a victoria.

O premio celebrouno cos seus compañeiros de programa, "aínda que había algúns que me querían cravar o tenedor", bromea. "Eu estou moi contenta, aínda que sexa para dar media volta ao mundo".

Comentarios