O asfaltado de Padre Gaite realizarase o mércores, festivo en Pontevedra

O dispositivo programado pola Policía Local establece que as tres rúas terán tráfico restrinxido de vehículos

Obras en la calle Padre Gaite. RAFA FARIÑA
photo_camera Obras en la calle Padre Gaite. RAFA FARIÑA

A reforma da rúa Cruz Vermella e de todo o seu ámbito rematará nestes días co asfaltado de Padre Gaite. A mellora do firme tamén se estenderá ás cabeceiras de Fernando Olmedo e Perfecto Feijoo. Segundo explicou o Concello, a obra farase o vindeiro mércores, 6 de marzo, entre as 8.30 e as 20.00 horas aproveitando que é festivo en Pontevedra.

O dispositivo programado pola Policía Local establece que as tres rúas terán tráfico restrinxido de vehículos, polo que só se permitirá a entrada e saída a garaxes, que se fará baixo a supervisión dos operarios de obra. O acceso e saída de garaxes farase polas seguintes rúas: de Padre Gaite pola avenida de Bos Aires,de Fernando Olmedo por Casimiro Gómez, e de Perfecto Feijoo pola praza de Barcelos. Cabe a posibilidade de que a obra remate o xoves.

Comentarios