Así será o dispositivo especial de tráfico polo desfile de Entroido de Pontevedra

Instalaranse 770 valos de sinalización de cortes de rúa, prohibido estacionar e seguridade

Carnaval en Pontevedra. RAFA FARIÑA
photo_camera Desfile de Entroido en Pontevedra. RAFA FARIÑA

A Policía Local de Pontevedra deseñou o dispositivo especial de tráfico para o desfile do Entroido que terá lugar o vindeiro sábado 2 de marzo co fin de garantir a seguridade viaria e o normal desenvolvemento da festa. 

Os cortes de tráfico programados terán a duración mínima, de tal xeito que a apertura dos tramos pechados realizarase a medida que pase o desfile e o servizo de limpeza viaria.

Este mércores comezou a colocación dos valos de sinalización que prohiben o estacionamento. En total colocaranse 770 valos sumando os de cortes de tráfico, prohibido aparcar e de seguridade.

CORTES DE TRÁFICO. Afectarán ao circuíto do desfile as rúas Xosé Malvar (dende o cruzamento coa rúa A Seca ata a rotonda de Loureiro Crespo), Loureiro Crespo, Benito Corbal, Michelena, Praza de España a Alameda e tamén as rúas adxacentes: Cobian Areal, Casimiro Gómez, Lepanto e Xavier Puig.

Os cortes de tráfico comezarán ás 16.30 horas, agás na rúa Xosé Malvar, punto de encontro das carrozas, que se vai a cortar ao tráfico a partir das 15.00 horas. A rúa Echegarai quedará cortada a partir das 18.00 horas, xa que na Alameda remata o desfile do Entroido.

PROHIBIDO APARCAR. A Policía Local informa de que quedará prohibido o aparcamento en todas as rúas de paso do desfile. No caso das rúas Xosé Malvar, Loureiro Crespo e Benito Corbal o estacionamento quedará prohibido a partir das 08:00 horas do sábado 2 de marzo e a rúa Echegarai (marxe esquerdo) a partir das 15.00 horas.

OPERATIVO TRÁFICO.  En previsión dunha gran afluencia de vehículos co gallo da celebración do desfile do Entroido, a Policía Local de Pontevedra porá especial atención nas entradas e saídas da cidade, e si fora necesario, e co fin de garantir a máxima fluidez do tráfico, con desvíos puntuais.

O foco porase no eixo ponte dos Tirantes; a rotonda San Roque: Paseo Colón con Raíña Vitoria; no cruzamento de Eduardo Pondal con Uxío Novoneira; e no de Otero Pedrayo con Eduardo Pondal.

Estas son as vías alternativas propostas pola Policía Local:
• Cara a ponte dos Tirantes: rotonda Montecelo, rúa da Pomba, Santa Margarita, A Seca, Xosé Malvar, ponte dos Tirantes. Esta saída e entrada, afectada pola ocupación das carrozas na rúa Xosé Malvar o que provocará desvíos puntuais a través da avd. Bos Aires cara a Monte Porreiro.

• Zona Este: avenida de Lugo, Xoán Carlos I. Saída e entrada pola nova ponte dos Xulgados. O tráfico procedente de 12 de Novembro cara a Xosé Malvar será desviado pola rúa Estrada cara a avenida Xoán Carlos I.

• Acceso zona Norte e Oeste: polas avenidas Beiramar, de Marín, Corvaceiras, Uruguai, avenida Compostela, Paseo Domingo Fontán.

• Saída cara a Poio: avenidas Beiramar, Corvaceiras, Uruguai, Xofre Tenorio e Alfonso XIII., ponte de Santiago, avenida Compostela, Xoán Manuel Pintos e paseo Domingo Fontán.

• Recomendase a utilización da A-9 como alternativa de acceso e saída da cidade.