A Asociación Armadiña reúne máis de 800 firmas en favor da desafectación da Chousa

O colectivo entende que Portos non debería aplicar neste emprazamento as taxas que se recollen na normativa portuaria 

Actividades na praza da Chousa, en Poio. ARQUIVO
photo_camera Actividades na praza da Chousa, en Poio. ARQUIVO

A Asociación Cultural Armadiña logrou reunir máis de 800 firmas para solicitar a desafectación da Praza da Chousa, un enclave no que o emblemático colectivo da parroquia de Combarro adoita a organizar diferentes actividades. A agrupación entende que "nos últimos anos, a evolución deste espazo afastouno de calquera uso portuario. É unha praza, non un peirao. Non hai chalanas nen nasas, senón xente paseando e rapaces xogando".

É por iso polo que Armadiña entende que Portos non debería aplicar neste emprazamento as taxas que se recollen na normativa portuaria. Deste xeito, a agrupación defende a necesidade de que a Chousa pase a ser titularidade do Concello de Poio. Neste sentido, non hai que esquecer que a Xunta de Galicia sinalou no seu día que, en caso de que se tramite a desafectación, o espazo pasaría a ser propiedade de Costas.

"Queremos que a praza sexa administrada polo Concello, o que serviría para axilizar a solicitude de permisos pasa o seu uso. A día de hoxe, isto hai que facilo con varios meses de antelación", sinala Armadiña.

Comentarios