As asociacións de doentes serán parte da nova comisión de humanización do Eoxi

A xerencia do complexo presentou un espazo solidario e a creación de puntos de información para pacientes entre outras novidades 

Imaxe da reunión entre as asociacións de pacientes e a xerencia do Eoxi. DP
photo_camera Imaxe da reunión entre as asociacións de pacientes e a xerencia do Eoxi. DP

A xerencia da Estructura de Xestión Integrada de Pontevedra e O salnés reuniuse este venres con 23 asociacións de pacientes, con motivo da presentación de novos espazos de información.

José Ramón Gómez Fernández, xerente do Eoxi, explicou que co obxectivo de facilitar a relación dos pacientes e familiares coas diferentes asociación, habilitáronse diferentes espazos ns que ás diferentes entidades poderán realizar a súa labor informativa.

Esto permitirá que os pacientes e as súas familias poidan tern acceso a toda a información que precisen como complemento á actividade asistencial que reciben dos distintos profesionais que integran o complexo de Pontevedra e O Salnés.

Da mesma maneira, o xerente da área sanitaria, confirmou que estés lugares xa se encontran operativos en Montecelo, O Salnés e no hospital provincial, e que xa se pode solicitar o seu uso.

As asociacións de pacientes poderán formar parte nunha comisión de humanización para o persoal e os pacientes

HUMANIZACIÓN. Nesta reunión José Ramón Gómez tamén anunciou ós representantes das asociacións a constitución, proximamente, dunha comisión de humanización na que terán a oportunidade de participar.

Os principais cometidos que terá este comité serán en términos de comunicación, trato, mediación e humanización para o personal; a implantación de procedementos para facilitar a accesibilidade ou a incorporación dós doentes ó deseño dos procesos asistenciais, entre outras.

A idea é que todas as asociacións poidan tomar parte deste proxecto e para iso establecerase unha quenda rotatoria entre todas as agrupacións que desexen participar.

Ademáis, tamén confirmou que se elaborarán guías de acollida para pacientes nos diversos servizos hospitalarios, se deseñarán enquisas de satisfacción, análise e propostas de mellora, promoverase a lactancia materna e farase partícipes ós doentes para levar a cabo a mellora dos circuítos e espazos dos centros hospitalarios para dotalos dun maior confort.

Por outra banda, aproveitou a ocasión para presentar o novo espazo solidario que se atopa instaurado na entrada de consultas externas do hospital provincial e que se trata dun lugar concibido para participar nunha labor de solidariedade apoiando a difusión e a sensibilización da poboación de distintas entidades de carácter social.