Barro fomenta as compras deste Nadal con sorteos de cestas entre os clientes

Abraldes considera que os comercios son elementos chave na dinamización económica do municipio 
Membros da Corporación local, ao presentar a campaña. DP
photo_camera Membros da Corporación local, ao presentar a campaña. DP

O Goberno local de Barro vén de presentar a campaña de Nadal para fomentar o consumo no municipio. "Na actual situación de crise saniataria, púxose aínda máis de manifesto a necesidade de contar cun comercio local e de proximidade forte, xa que o seu servizo foi fundamental para atendar as necesidades básicas da poboación durante os meses máis complicados da pandemia", indica o equipo de Xosé Manuel Fernández Abraldes, que destaca ademais que estes comercios son elementos chave na dinamización económica.

Para a pervivencia das pequenas empresas do concello será importante que este ano, no posible, a campaña de Nadal multiplique as posibilidades de negocio das empresas e permita compensar as perdas ou malas cifras dos meses anteriores. Deste xeito, e tal e como anunciou o Goberno Local, as accións deste ano xirarán en torno aos lemas Polo Nadal comercio local e Barro de escaparate. 

Na primeira iniciativa, presentada esta semana, participarán máis de sesenta establecementos do municipio, que desde o día 10 de decembro e ata o 6 de xaneiro podeán animar aos seus clientes a consumir entregando rifas para sortear lotes de produtos. Cada comerciante contará con un lote a sortear no seu establecemento, e poderá entregar boletos a todos aqueles clientes que superen os cinco euros de consumo.

A outra iniativa leva por nome Barro de escaparate e consistirá nun corcurso de escaparates que repartirá 450 euros en premios entre os establecementos que presenten a mellor ambientación navideña nas súas fachadas, escaparates ou espazos comerciais. Esta proposta permitirá aos comerciantes engalanar os seus establecementos e motivarse para ofrecer a mellor imaxe, como colectivo de cara á clientela local.

Comentarios