Bescansa, contra o caciquismo, que "impide o desenvolvemento económico" de Galicia 

A candidata a liderar Podemos Galicia propón un "marco normativo" que "exclúa da contratación pública a aquelas empresas que fixeron de corruptoras dos políticos"

Bescansa, en el acto en Ourense. EP
photo_camera Bescansa, en el acto en Ourense. EP

A candidata á Secretaría Xeral de Podemos Galicia Carolina Bescansa propón unha "estratexia global" que loite contra o caciquismo e a corrupción, que "impiden o desenvolvemento económico" da comunidade. 

Todo iso manifestouno este domingo en Ourense, durante unha charla-coloquio mantida pola tamén deputada no Congreso con inscritos e militantes, segundo informou a súa candidatura, 'Eu quero futuro para Galicia', nun comunicado. 

Neste contexto, Bescansa expresou que o caciquismo e a corrupción "sempre son inmobilistas" e "non permiten facer a transformación do modelo produtivo nin a transición enerxética que necesita" Galicia. 

Ademais, a candidata a liderar o partido morado na comunidade propón un "marco normativo que protexa aos denunciantes" e "exclúa da contratación pública a aquelas empresas que fixeron de corruptoras dos políticos". 

Así, Bescansa subliñou o papel que debe xogar a formación nesta loita: "Se hai un acordo entre os caciques, os corruptos e os corruptores é que a forza política que mellor representa a loita contra a corrupción é Podemos". "Un Podemos forte en Galicia significa un Podemos e unha Galicia fortes fronte á corrupción", sentenciou. 

Comentarios