Centenares de traballadores de ambulancias de Galicia manifestáronse este mércores polas rúas de Santiago para reclamar un "convenio xusto" despois de tres anos sen el e esixir a "implicación" da Xunta no conflito por ser "a responsable das concesións".
Convocados por CIG, UXT e CC.OO., chegaron en tres autobuses de Vigo –uno dos cales chegou tarde ao ser parado pola Guardia Civil para un control de tacógrafo e documentación–, un de Ferrol e outro da Coruña, así como en coches particulares desde diversos puntos de Galicia, percorreron rúas de Santiago desde a Praza Roxa até San Caetano.
Os manifestantes fixeron soar bombos e sereas, lanzaron fume de cores e bombas sonoras na marcha.
VÍDEO: Pepe Ferrín