Imprimir

Bueu pon en marcha as obras de reforma do parque Ramal dos Galos

Redacción | 26 de enero de 2019

O alcalde visitou este venres as obras. CEDIDA
O alcalde visitou este venres as obras. CEDIDA

As actuacións están adxudicadas a Rocas Graníticas del Condado e contan cun orzamento de preto de 20.000 euros

O parque Ramal dos Galos lucirá pronto unha imaxe renovada, despois das obras de mellora integral que esta semana comezou a levar a cabo a empresa Rocas Graníticas del Condalo SL cun orzamento de preto de 20.000 euros, con cargo a fondos municipais.

 

No proxecto inclúese a renovación do pavimento do parque, co que se solucionarán os problemas de afundimento e se completará a zona de formigón con adoquín. Así o salientou o alcalde da vila, Félix Juncal, na súa visita ás obras, onde avanzou que tamén se vai proceder a unha limpeza integral do espazo así como á renovación dos seus aspectos patrimoniais, do parque infantil e do pintado das varandas exteriores.

 

No que atinxe á biblioteca, na parte inferior da mesma estase estudando a posibilidade de pintar un mural inspirado na figura de Gonzalo Torrente Ballester, segundo indicou o mandatario.

 

Estas obras forman parte dun plan integral de mellora dos parques da vila, no marco do cal se renovaron e se crearon novas áreas de xogos con cargo ao Plan Concellos 2017 da Deputación.

 

ESPAZO DE REFERENCIA. Por outra banda, o parque Ramal dos Galos continuará sendo un "espazo de referencia", segundo sinalou Juncal, coa organización de diversos eventos culturais e deportivos, que permitirán a convivencia interxeracional.

 

 

Entre as últimas obras que se levaron a cabo neste lugar están a instalación de aparatos biosaudables e a pavimentación do vial colindante.

 

Puede ver este artículo en la siguitente dirección /articulo/o-morrazo/bueu-pon-marcha-obras-reforma-do-parque-ramal-galos/201901261510411019626.html


© 2019 Diario de Pontevedra

Lepanto 5, Pontevedra

Tlfno: 986 011 100

(Grupo El Progreso)