"Cada vez hai máis socios nas Anpas, pero é máis difícil atopar xente para a directiva"

O equipo que dirixe a Fanpa será reelixido o sábado 17 nunha asemblea extraordinaria ao non presentarse máis candidaturas

Rogelio Carballo, presidente da Fanpa. GONZALO GARCÍA
photo_camera Rogelio Carballo, presidente da Fanpa. GONZALO GARCÍA

O equipo que dirixe a Federación Provincial de ANPA de Pontevedra (Fanpa) será reelixido, case na súa totalidade, na asemblea extraordinaria convocada para o vindeiro sábado, 17 de marzo.

Unha vez expirado o prazo de presentación de candidaturas, só se presentou unha, avalada pola Anpa Os Valados do CEIP Vilaverde-Mourente. Está integrada por Rogelio Carballo (presidente), Miguel Ángel Sánchez (vicepresidente), Javier Sánchez (secretario) e José María Carmiña (tesoureiro), xunto cos vogais Francisco Freire, Roberto Rúas, José Bernardo Vázquez, Alba María González, María del Mar López e Rosario Bertrán.

Segundo explicou este luns Carballo Solla, actual presidente da federación, só dous dos actuais vogais non repetirán, nun principio. Así mesmo, os estatutos establecen que as cinco vacantes que restan de vogais para candidaturas individuais se deberán cubrir na mesma asemblea.

O equipo que encabeza será elixido por terceira vez –a primeira foi en 2014– "e esperemos que sexa a última", polo que o "principal cometido" para os vindeiros dous anos de mandato será "buscar xente comprometida" para asumir as rendas da Fanpa nun futuro. Despois de seis anos, cando remate o seguinte mandato, "deberá haber renovación, porque todos facemos un esforzo e todo ten que ter uns prazos".

"Xestionamos 17 comedores escolares e, a partir de setembro, seguramente se sume o do colexio de Lérez"

 

Co obxectivo de "incorporar xente nova" celebrouse recentemente unha reunión coas Anpa, pero, admitiu Carballo, "igual foi tarde", polo que agora quedarán dous anos para conseguilo. "O que nós podemos facer está visto e contrastado, pero fan falta ideas novas, outras perspectivas...", apunta. Ao ser a única candidatura que se presenta non haberá votación, polo que, apunta, "medimos o respaldo polas opinións e non temos ningunha crítica como para non seguir".

E como respiran as Anpa? Gozan de boa saúde? Roxelio Carballo teno claro: "Cada vez hai máis socios, pero é máis difícil atopar xente para as directivas", porque resulta máis complicado xestionar unha asociación e buscar "solucións cooperativas".

A Fanpa conta na actualidade cunhas 180 Anpas federadas, unha cifra "que nos congratula", apunta, xa que na provincia hai outra federación. Nos catro anos que leva á fronte aumentaron nunha vintena, aproximadamente.

PROXECTOS. A asemblea xeral celebrarase ás 11.30 horas en primeira convocatoria e ás 12.00 en segunda no salón de actos do Pazo de Cultura de Pontevedra. Será xusto despois dunha asemblea xeral ordinaria (9.30 e 10.00 horas, respectivamente) na que se levarán a aprobación as contas de 2017, así como o orzamento de 2018 e a memoria de actividades para este ano".

"Tratamos de incorporar novas suxestións e cuestións que nos trasladan e, a verdade, é que estamos diversificando a actividade e case se nos esgotan as ideas", señala. Así, a las habituales ludotecas para las vacaciones escolares se suman talleres de estudio, excursiones, etcétera.

Y, sobre todo, la gestión del Plan Madruga y los comedores escolares. Actualmente son 17, "pero están aprobadas as obras para dotalo de espazo no CEIP de Lérez e esperemos que poida abrir o vindeiro curso".

Comentarios