Caldas homenaxea ás costureiras voluntarias que fixeron máscaras durante o estado de alarma

As 26 voluntarias foron homenaxeadas polo seu esforzo desinteresado nun acto no que estiveron presentes membros do Goberno
Costureiras voluntarias no acto celebrado en Caldas
photo_camera Costureiras voluntarias no acto celebrado en Caldas

As costureiras voluntarias que colaboraron durante a crise sanitaria da Covid-19 na confección de máscaras de protección individual para facer fronte á pandemia foron onte homenaxeadas polo Concello. O acto de recoñecemento tivo lugar no restaurante Lotus cunha comida na que participou o alcalde, Juan Manuel Rey, xunto cos demais membros do Goberno municipal e persoal do Concello.

O rexedor entregoulles un agasallo institucional en agradecemento ao grupo, fomando por 26 voluntarias, e agradeceu en nome de todo o pobo "o esforzo, a dedicación e a voluntariedade mostrada polas costureiras que durante moitas xornadas traballaron de xeito desinteresado para protexer á veciñanza".

Comentarios