Imprimir

Caldas proxecta a restauración integral da Pontella de Segade

Redacción | 11 de agosto de 2020

2020081113120977016
Unha vista da Pontella de Segade, que será restaurada nos próximos días. CEDIDA
A iniciativa enmárcase no plan municipal Pontes de Caldas

Manuel González, concelleiro de Obras e Infraestructuras, anunciou que o Concello traballa no proxecto para a rehabilitación integral da Pontella de Segade, deteriorada polas crecidas do río Umia, co obxeto de devolvela ás súas condicións orixinais e favorecer a súa conservación.

Esta infraestrutura etnográfica singular protexida polo actual Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM), sitúase no lugar de Segade de Abaixo, a escasos 500 metros do casco urbano de Caldas e é empregada de maneira frecuente por veciños e visitantes para cruzar o río neste punto. Esta actuación enmarcarase no plan municipal Pontes de Caldas, un programa que tamén está levando a cabo a documentación, limpeza, control estrutural e de restauración para a Ponte Romana do Bermaña, á Ponte Romana de Segade ou á Ponte da Ferrería.

O Concello iniciará nos próximos días unha actuación urxente para devolverlle a estabilidade ao conxunto. Estes traballos consistirán na reposición na súa cota orixinal do alicerce e piar central para recuperar o nivel horizontal e que a cota de apoio dos dinteis de paso volvan á súa posición natural. Esta reparación acométese mentres se redacta o proxecto de restauración, que valorará a estabilidade xeral de todo o conxunto ao mesmo tempo que a retirada de recrecidos de formigón e os rexuntados e interposición de pezas e morteiros impropios e estentóreos a este tipo de bens etnográficos.

Puede ver este artículo en la siguitente dirección /articulo/caldas-deza/caldas-proxecta-restauracion-integral-da-pontella-segade/202008111312091099465.html


© 2021 Diario de Pontevedra

Lepanto 5, Pontevedra

Tlfno: 986 011 100

(Grupo El Progreso)


ç