Opinión

Cambio de médico

—BOAS, QUERÍA cambiar de médico, por favor. É posible?
—Por suposto. O Sergas ofrece xentilmente este servizo a todos os usuarios. A quen desexa vostede como facultativo/a?
—A W.
—Síntoo. Ese doutor ten a cota chea.
—Vaia! Entón quero a X.
—Síntoo. Esa doutora ten a cota chea.
—Lástima! Logo quero a E.
—Síntoo. Ese doutor ten a cota chea.
—Ai que carallo! Pois a Z.
—Síntoo. Esa doutora ten a cota chea.
—Pero quen demo non ten a cota chea?
—A doutora V. Voulla a asignar inmediatamente. E lembre, o Sergas está para servilo.
—Grazas. Todo marabilloso, salvo que eu xa tiña como galeno... á doutora V.
Xa que logo, non hai que vender tanto a moto.

Comentarios