Campo Lameiro denuncia o roubo de maquinaria e unha furgoneta rotaluda dunha nave

Os ladróns forzaron as reixa das instalacións para levarse desbrozadoras, material do servizo de obras e mantemento que cargaron no vehículo municipal
Unha das verxas forzadas polos ladróns.DP
photo_camera Unha das verxas forzadas polos ladróns.DP

O alcalde de Campo Lameiro, Carlos Costa, denunciou ante a Garda Civil o roubo producido na madrugada deste venres na nave municipal de obras de onde os ladróns se levaron maquinaria, ferramentas, diverso material e unha furgoneta rotulada que é propiedade do Concello.

El Concello por un importe que supera os 50.000 euros así como diversos destrozos no portal de entrada e nas reixas por onde accedero á nave industrial.

Os asaltantes accederon á nave industrial de propiedade municipal forzando unhas reixas que protexían o acceso ás xanelas da construción e procederon a desvalixar por completo as estanterías onde se almacenaban materiais e maquinaria de precisión utilizada polas brigadas municipais de obras, limpeza e de prevención de incendios.

Entre o material substraído atopábanse desbrozadoras, motoserras, rebarbadoras, un xerador eléctrico, hidrolimpadoras, cortacéspdes, taladros e máis ferramentas utilizadas habitualmente polos operarios municipais. Os ladróns cargaron parte da mercancía na furgoneta rotulada do Concello que utilizaron de reforzo no transporte do material substraído.

Costa lamentou profundamente este incidente e asegurou que se está a facer por parte da Garda Civil as pesquisas necesarias para localizar a furgoneta rotulada co escudo oficial do Concello de Campo Lameiro, así como o material a aos autores deste roubo.

O alcalde chama tamén á colaboración veciñal para localizar a furgoneta municipal roubada e agradécelle a quen teña datos sobre o seu paradoiro se chame á Garda Civil a través do número de atención cidadá 062.

Comentarios