O Canteira Fest Reduce aforo pero non renuncia a tres días de celebración

O festival de Vilaboa pasará a ter aforo de 600 persoas e venda de entradas
Cartel Canteira Fest.FACEBOOK
photo_camera Cartel Canteira Fest.FACEBOOK

Confinados si, pero non desaparecidos. O Canteira Fest, un evento con tres anos de vida a cargo da Asociación Mocidade de Vilaboa, vén de dar a sorpresa ao presentar unha programación plenamente presencial para dous días de duración -o 18 e 19 de setembro-, plenamente presencial e moi similar á que se ten desenvolto nos anos anteriores, aínda que adaptada aos novos tempos.

O Canteira Fest Confinado foi presentado onte con unha novidade principal: o recinto da Canteira das Lapas terá control de accesos e aforo limitado a 600 persoas por día. Isto obriga á venda de entradas para poder estimar se se están cumprindo os criterios de presenza de público, pero permitirá que o festival conte cos seus principais ingredientes: música en directo, formación e defensa en torno ao feminismo, e eventos culturais para todas as franxas de idade.

ELENCO.Xabier Díaz e as Adufeiras de Salitre, Zeltia irevire, Verto, Paula Docampo DJ, Bravatukas, Pauliña, A Rabela, Cuarta Xusta e Lidexia, na parte musical; e Ibuprofeno Teatro con O Furancho, serán os principais reclamos. Tamén acudirá Migallas Teatro, cunha proposta para os máis pequenos da casa, que terán a entrada de balde até os 12 anos.

As entradas poderán adquirirse na plataforma Entertiket.es e hai formato para un día (5 euros), para dous (7 euros) e aluguer de recintos para dez persoas.

Comentarios