A cara escura da Feira Franca

Os parques da cidade quedaron cheos de lixo
Un parque pontevedrés cheo de lixo
photo_camera Un parque pontevedrés cheo de lixo

Pontevedra entregouse á Feira Franca. O evento foi un éxito un ano máis, xuntando a xente de todas as idades que gozaron dun gran día. Mais a festa tamén ten unha cara máis escura que se amosa este domingo.

Un lector contactou con Diario de Pontevedra e enviou unha foto do estado dos parques pontevedreses un día despois da Feira Franca. O lixo acumúlase e espárcese polo céspede, deixando unha estampa que non é nada agradable.

Nas próximas horas os servizos de limpeza municipais amañarán o mal estado dalgúns dos espazos da cidade.

Comentarios