O carril bici percorre xa todo o campus para promover a mobilidade sustentable

Novo treito do carril bici no campus da Xunqueira. DUVI
photo_camera Novo treito do carril bici no campus da Xunqueira. DUVI

Tralos traballos de pintado dos últimos días, remataron os traballos de ampliación do carril bici do campus universitario, que serve tamén para promover a mobilidade sustentable.

As obras acometidas pola Vicerreitoría permitiron sumar ao treito realizado en 2016, que conectaba a rúa Celso Emilio Ferreiro co acceso á Facultade de Ciencias Sociais, un novo treito que vai desta facultade á Escola de Enxeñaría Forestal, para logo avanzar cara as facultades de Ciencias da Educación e Fisioterapia e conectar, na parte traseira desta última, coa senda peonil da Illa do Covo.

O investimento total dos traballos foi de 50.000 euros.