'Casamos!' foi este mércores líder de audiencia

O espazo, producido por El Progreso, foi o máis visto o mércores
Elena e Juan, en Navia de Suarna. ZENIT
photo_camera Elena e Juan, en Navia de Suarna. ZENIT

Elena e Juan son un exemplo de amor persoal e de amor a Galicia. Son unha mostra do espírito do programa Casamos!, que triunfa cada semana na Galega con esa combinación e que o pasado mércores conquistou o liderado de audiencia en Galicia con historias de persoas que se queren, como a súa.

O espazo, coproducido por El Progreso e Zenit, logrou ser o programa máis visto en competencia directa cos espazos que as grandes cadeas nacionais miman coa súa oferta máis destacada no horario de máxima audiencia da xornada, que chega na primeira hora da noite.

A historia que encandilou aos galegos este pasado mércores foi unha historia de falta de química, descubrimento, ruptura e, ao final, celebración do amor. Laura e Roberto coñecíanse dende a adolescencia, pero o sentimento que nacera entre eles era o rexeitamento. Acabaron por achegarse no patio do colexio, acabaron por amarse, acabaron tendo unha relación de anos, acabaron por ir vivir xuntos e acabaron por separarse. Ata que o imán do sentimento volveu xuntalos e acabaron por casar en Carballo.

Os telespectadores responderon con interese e emoción a esta historia de encontros e desencontros ao longo de dúas vidas.

A forza do cariño segue en Casamos!. No programa que se verá o mércores día 29,ás 22.00 horas na Televisión de Galcia, Julene e David daran o consentimento nun programa con trens. Julene axudou a David a aprobar unha oposición e a superar o pasamento da nai.

O día 5 serán Carolina e Lalo, que casaron de novos, os que confirmarán a súa relación nunhas vodas de prata con familares e amigos.

E, por fin, o día 12 coñeceremos os detalles da historia de Elena e Juan. Ambos son cataláns, pero ocupáronse de mantener a alma das súas almas nos centros de L"Hospitalet e de Cornellá.

O folclore e tradición galegos foron o seu cupido hai nove anos. Foron namorando aos poucos. Agora solidificarán ese amor cunha cerimonia matrimonial en Navia de Suarna, na que estarán acompañados de gaitas e música galega. O seu gran día será unha romaría coa festa de protagonista.

O seu amor será forte e duradeiro porque estarán enraizado na tradición dos seus pais, que quixeron coñecer e coidar.

Comentarios